Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Identificación e Sinatura electrónica (eIdentification (eID) & eSignature) - CEF-TC-2016-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Procurar melloras reais na vida cotiá dos cidadáns e cidadás, das empresas (incluíndo PEMEs) e administracións a través dun despregamento de sólidas infraestruturas interoperativas trans-europeas.

Obxectivo específico da convocatoria

Promover o uso da identificación e a sinatura electrónica entre as entidades do sector privado establecidas na UE e nos Estados do Espazo Económico que participan no programa do Mecanismo Conectar Europa. Para iso, tal uso deberá ser primeiro apoiado nas entidades do sector público relacionadas co establecemento e funcionamento dos puntos de contacto da Directiva de Servizos (2006/123/EC).

Eidos de actuación

Accións destinadas a integrar a identificación electrónica nos servizos/sistemas/plataformas online existentes nun grupo seleccionado de sectores empresariais que teñan potencialmente un alto volumen de transaccións transfronteirizas, como bancos, servizos de pago electrónico ou por internet, outros servizos financeiros, seguros e aviación. Porén, calquer outro sector onde poda haber un beneficio demostrable non está excluido.



Accións destinadas apoiar a utilización da sinatura electrónica nas entidades do sector público vinculadas ó establecemento e funcionamento dos Puntos de Contacto ós que fai referencia a Directiva 2006/123/CE sobre servizos no mercado interior. Así, apoiarase a integración das ferramentas de sinatura electrónica para facilitar a terminación de procedementos electrónicos feitos por empresas nas súas relacións coa Administración doutros Estados Membros.

Destinatarios

Un ou máis Estados Membros.
-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.
-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

4.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

1 ano.

Data de publicación

12/05/2016

Data límite de solicitude

15/09/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante