Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proxectos de interese común baixo o Mecanismo Conectar Europa no eido das infraestructuras transeuropeas de enerxía - CEF-Energy-2016-1

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Posibilitar que proxectos de interese común sexan preparados e implementados no marco da política de redes transeuropeas no eido enerxético. En particular, a convocatoria contribuirá a apoiar os proxectos de interese común de infraestructura enerxética que supoñan beneficios sociais significativos e que garanticen unha maior solidariedade entre os Estados membros, pero que non gocen dun adecuado financiamento no mercado. Deberá prestarse especial atención no uso eficiente dos recursos públicos.

Eidos de actuación

A Convocatoria será de aplicación a proxectos que teñan como finalidade:


-Rematar co illamento enerxético.


-Eliminar cos obstáculos enerxéticos.


-Culminar o mercado interior enerxético.

Destinatarios

Só serán elixibles as propostas remitidas por algún dos seguintes entes:


-Un ou máis Estados membros.


-Organizacións internacionais, consorcios públicos ou privados ou outros corpos establecidos en Estados membros, sempre que estes dean a súa aprobación.


-Terceros Estados e entidades establecidas neles, nos casos en que contribúa ós proxectos de interese común. As propostas presentadas por estes entes deberán contar coa aprobación do Estado membro que corresponda dependendo das accións que se leven a cabo, así como unha declaración sinalando por que é indispensable a participación desa entidade/Estado terceiro.

Socios

Non son necesarios, pero pode haber.

Financiamento

Non máis do 50% dos custes. A porcentaxe pode aumentar ata o 75% para aquelas accións que proporcionen un alto nivel de seguridade no suministro de enerxía a nivel comunitario, melloren a solidariedade entre los Estados membros ou supoña solucións altamente innovadoras.

Orzamento total da convocatoria

200 millóns de euros.

Duración do proxecto

Non consta

Data de publicación

18/03/2016

Data límite de solicitude

28/04/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas e consultas ó seguinte e-mail: INEA-CEF-Energy-calls@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante