Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Contratación pública electrónica (eProcurement) - CEF-TC-2016-1

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

A convocatoria contribuirá a facilitar o camino para a adopción do servizo ESPD (documento de contratación pública único europeo, polas súas siglas en inglés), o que reducirá significativamente a burocracia na contratación pública, tanto para as autoridades contratantes como para os licitadores. O ESPD en combinación con e-CERTIS e os rexistos nacionais, os servizos de precalificación e as solución de licitación apoiarán o principio de “unha soa vez”.


Isto axudará ós Estados membros na aplicación da contratación electrónica como é requerido polas Directivas sobre contratación pública.

Eidos de actuación

Buscarase, en primeiro lugar, a adopción e aplicación do documento de contratación pública único europeo (ESPD) e tamén apoiarase a integración dos servizos de e-CERTIS.


Ademais, a convocatoria buscará tamén aplicar un ESPD “a medida” en solucións de software existentes. Un servizo compatible co ESPD pódese implementar a través de:


-A integración do modelo de intercambio de datos ESPD.


-A reutilización do código fonte aberto proporcionado pola Comisión Europea.


-A reutilización do código fonte aberto do VCD (Virtual Company Dossier) que se proporciona como resultado do proxecto sSENS.


Por outra banda, tamén buscarase a integración de e-CERTIS en solucións de software existentes.

Destinatarios

-Un ou máis Estados Membros.


-Co consentimento dos Estados Membros ou algún Estado do Espazo Económico (en concreto, Noruega e Islandia), poderán presentarse organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros.


-En casos excepcionais poderán tamén presentarse, co consentimento dos Estados anteriormente ditos, entidades de terceiros Estados cando participen en actividades de interese común.

Socios

Non consta

Financiamento

Como máximo o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

4,5 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración indicative dos proxectos será de 12 meses.

Data de publicación

03/03/2016

Data límite de solicitude

19/05/2016

Documentación

Contacto

INEACEF-Telecom-Calls@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante