Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Intercambio electrónico de Información de Seguridade Social (EESSI) - CEF-TC-2016-1

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Procurar o crecemento económico e apoiar a finalización e funcionamento do mercado interior, apoiando así a competitividade da economía europea. O Mecanismo Conectar Europa en particular busca melloras reales na vida cotiá dos cidadáns e cidadás, das empresas (incluindo as PEMEs) e das administración a través do uso de infraestructuras transeuropeas sólidas, interoperativas e baseadas en solución técnicas e organizativas.

Eidos de actuación

-Adquisición de hardware (servidores, aparellos de rede, cableados…) requeridos polo EESSI (por exemplo, para a instalación e conexión dos Puntos de Acceso, chamados RINA polas súas siglas en inglés).


-Adquisición de licenzas de software necesarias para a instalación, funcionamento e conexión dos Puntos de Acceso do EESSI á plataforma central.


-Instalación e configuración dos Puntos de Acceso do EESSI para ser usados polos distintos actores (cidadanía, empresas e administración).


-Establecer e formar ós equipos de apoio de primeiro e segundo nivel dos Puntos de Acceso do EESSI.


-Formación para os usuarios que vaian a estar involucrados co EESSI a nivel transnacional.


-Distribución, instalación e configuración dos Puntos de Acceso nos dominios nacionais para usos relacionados co EESSI.


-Desenvolvemento e utilización das aplicacións nacionais para permitir a conexión coa plataforma central do EESSI.


-Calesquera outras actuacións que sexan necesarias para que o proxecto comece a funcionar de forma efectiva e eficaz.

Destinatarios

Poderán ser destinatarios, actuando co consentimento dalgún Estado Membro, de Noruega ou de Islandia, organizacións internacionais, consorcios de empresas, consorcios públicos ou privados ou outras entidades establecidas en Estados Membros. En casos excepcionais, tamén poderán ser destinatarias entidades establecidas en terceiros Estados (para o que tamén precisarán o consentimento do Estado Membro concernido pola acción proposta)

Socios

Non consta

Financiamento

Financiarase un máximo do 75% dos custes cun máximo de un millón de euros por Estado Membro (independentemente do número de propostas ou entidades desde Estado que participen) .

Orzamento total da convocatoria

24.5 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración indicativa é de 24 meses.

Data de publicación

03/03/2016

Data límite de solicitude

19/05/2016

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas ó enderezo: INEACEF-Telecom-Calls@ec.europa.eu.

Comentarios

A data límite para o envío de solicitudes é o 19 de maio de 2016 ás 17.00h (horario de Bruxelas)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante