Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria de propostas relativas ao programa de traballo de subvencións no ámbito das redes transeuropeas de telecomunicacións conforme ao Mecanismo «Conectar Europa» para o período 2014-2020 - CEF-TC-2015-2

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O Mecanismo Conectar Europa apoia a execución de proxectos de interese común encamiñados ao desenvolvemento e construción de infraestruturas e servizos novos ou á mellora de infraestruturas e servizos existentes nos sectores do transporte, as telecomunicacións e a enerxía.

Obxectivo específico da convocatoria

Esta convocatoria en concreto céntrase no sector das telecomunicacións e financia proxectos de interese común para a implantación de servizos dixitais transeuropeos. Contribuirá á creación dun ecosistema europeo de servizos dixitais interconectados e interoperables apoiando o fluxo de investimentos públicos e privados dirixidos a solucións maduras. Estas actuacións mellorarán a vida diaria dos cidadáns, os negocios e a administración, polo que contribuirán ao desenvolvemento do Mercado Dixital Único.

Eidos de actuación

A presente convocatoria (CEF-TC-2015-2) ábrese a propostas en catro áreas distintas:
CEF-TC-2015-2: Contratación pública electrónica
CEF-TC-2015-2: Servizos xenéricos de sanidade electrónica
CEF-TC-2015-2: Identificación electrónica e firma electrónica
CEF-TC-2015-2: Servizos xenéricos de resolución de litixios en liña

Destinatarios

- Un ou varios Estados membros
- Organizacións internacionais
- Empresas comúns
- Organismos ou empresas públicos ou privados establecidos nos Estados membros
- Entidades que carezan de personalidade xurídica conforme ao Dereito nacional aplicable, sempre e cando os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigas xurídicas en nome das entidades e ofrezan unha garantía de protección dos intereses financeiros da Unión equivalente á ofrecida polas persoas xurídicas.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo dispoñible para as propostas seleccionadas no marco destas convocatorias é de 16,9 millóns de euros.

Data de publicación

17/11/2015

Data límite de solicitude

15/03/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante