Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatorias de propostas conforme ao programa plurianual de traballo con vistas á concesión de asistencia financeira no ámbito do Mecanismo Conectar Europa (MCE) — Sector do transporte para o período 2014-2020

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O MCE persegue os seguintes obxectivos dentro dos sectores do transporte, a enerxía e as telecomunicacións:

• Contribuír a un crecemento intelixente, sostible e integrador, en liña coa Estratexia Europa 2020 mediante o desenvolvemento de redes transeuropeas modernas;

• Permitir á UE lograr os seus obxectivos en materia de desenvolvemento sostible incluídos a redución do 20% das emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto aos niveis de 1990, o aumento do 20% da eficiencia enerxética, e o incremento da cota de enerxías renovables ata o 20% de aquí a 2020.

Obxectivo específico da convocatoria

O MCE no sector do transporte brinda apoio a proxectos de interese común que persigan

- Eliminar os colos de botella, mellorar a interoperabilidade do transporte, realizar conexións onde non existan e, en particular, mellorar os tramos transfronteirizos;

- Garantir uns sistemas de transporte sostibles e eficientes a longo prazo, co obxecto de prepararse para os futuros fluxos de transporte previstos, así como de facer posible a descarbonización de todos os modos de transporte;

- Optimizar a integración e a interconexión dos modos de transporte e reforzar a interoperabilidade dos servizos de transporte, garantindo a accesibilidade das infraestruturas de transporte.

Eidos de actuación

As prioridades actuais no sector do transporte que se especifican na seguinte convocatoria son as seguintes:

- Corredores da Rede Central.
- Outras seccións da Rede Central.
- Interoperabilidade ferroviaria.
- Sistema europeo de xestión do tráfico ferroviario (ERTMS).
- Novas tecnoloxías e innovación.
- Seguridade operacional e física da infraestrutura.
- Ceo Único Europeo – SESAR.
- Servizos de Información Fluvial (RIS).
- Servizos intelixentes de transporte por estrada.
- Autoestradas do mar.
- Infraestruturas de transporte nos nodos da Rede Central.
- Plataformas multiloxísticas.

Destinatarios

Calquera tipo de entidade ou organización legalmente constituída. Deberá de dispoñer da súa sede social no ámbito xeográfico da Unión Europea

Financiamento

As porcentaxes de financiamento recóllense no artigo 10 do Regulamento No 1316/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de
de 11 de decembro de 2013 polo que se crea o Mecanismo Conectar Europa.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é:

• Orzamento parcial para a área 1. Dotación xeral: 6.472,00 M€
• Orzamento parcial para a área 2. Dotación de cohesión: 1.090,00 M€


Data de publicación

12/11/2015

Data límite de solicitude

16/02/2016

Documentación

Contacto

Innovation and Networks Executive Agency (INEA) European Commission
W910 B-1049 Brussels
Tel: +32 (0)2 299 5252
inea@ec.europa.eu
http://ec.europa.eu/inea

Dirección Xeral de Enerxía e Transportes
• Rue Demot, 24, 1040 - Bruxelles
• Rue Demot, 28, 1040 - Bruxelles
• Rue de la Loi , 56, 1049 - Bruxelles
• Rue Robert Stumper 10, L-2557 Luxembourg/Gasperich

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante