Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas conforme ao programa anual de traballo con vistas á concesión de subvencións no ámbito da rede de infraestrutura transeuropea de transporte – CONECTAR EUROPA

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

A Dirección Xeral de Mobilidade e Transportes da Comisión Europea convoca propostas con vistas á concesión de subvencións a proxectos no ámbito da Rede Transeuropea de Transporte atendendo ás prioridades e obxectivos definidos no programa anual de traballo para 2014. Así, esta convocatoria está dirixida á concesión de subvencións a proxectos no ámbito da Rede Transeuropea de Transporte atendendo ás prioridades e obxectivos definidos en dito programa anual:

• Eliminar os embotellamentos e reducir os “enlaces inexistentes”, mellorando a interoperabilidade ferroviaria, e, en particular, a mellora dos tramos transfronteirizos.

• Garantir sistemas de transporte eficientes e sostibles a longo prazo, con miras á preparación dos fluxos de transporte futuros previstos, así como posibilitar que todos os medios de transportes se descarbonicen a través da transición á baixas emisións de carbono e ás tecnoloxías de transporte enerxéticamente eficientes.

• Optimización da integración e interconexión dos medios de transporte e a mellora da interoperabilidade dos servizos de transporte, á vez que se garante a accesibilidade ás infraestruturas de transporte.

Eidos de actuación

A presente convocatoria está dirixida a financiar as seguintes prioridades:

Funding Objective 1, Eliminar os embotellamentos e reducir os “enlaces inexistentes”:

I. Ferrocarrís, navegación interior e proxectos de estradas da rede central, incluíndo conexións a portos interiores e marítimos; a aeroportos; así como o desenvolvemento de portos;
II. Proxectos da Rede Integral (ferrocarrís, vías navegables, estradas, portos marítimos e fluviais);
III. Proxectos para conectar a Rede Transeuropea de Transporte coas redes de infraestruturas dos países veciños - en particular en relación cos tramos transfronteirizos (ferrocarrís, vías navegables, estradas, portos marítimos e fluviais).

Funding Objective 2, Reforzar sistemas de transportes sostibles e eficientes:

I. Uso de novas tecnoloxías e innovación, que non sexan os contemplados no Programa de Traballo Plurianual;
II. Servizos de transporte de carga;
III. Accións para reducir o ruído ferroviario de mercancías, incluíndo a adaptación do material rodante existente.

Funding Objective 3, Optimización da integración e interconexión dos medios de transporte:

I. Sistemas de aplicacións telemáticas distintas das cubertas polo Programa de Traballo Plurianual;
II. Accións para una mellor accesibilidade ás infraestruturas de transporte para persoas con discapacidade;
III. Accións de aplicación da infraestrutura de transporte nos nodos da rede central, incluídos os nodos urbanos;
IV. Conexións e desenvolvemento de plataformas loxísticas multimodais.

Destinatarios

Só as propostas presentadas por unha dos seguintes tipos de solicitantes son susceptibles de ser escollidos:

• Un ou máis Estados Membros;
• Co acordo dos Estados Membros interesados, as organizacións internacionais, empresas conxuntas, ou organismos ou empresas públicas ou privadas establecidas nos Estados Membros.

Financiamento

O financiamento mínimo por proxecto que estímase proporcionará a UE é de 500.000 euros para os proxectos de estudos e de 1.000.000 de euros para os proxectos de obra. Esta subvención baséase no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá representar o custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O importe indicativo dispoñible para as propostas seleccionadas no marco da presente convocatoria de propostas é de 930 millóns de euros. O reparto deste orzamento distribuirase da seguinte forma:

Funding Objective 1 (total de 765.000.000 de euros):

I. 475.000.000 de euros.
II. 250.000.000 de euros.
III. 40.000.000 de euros.

Funding Objective 2(total de 65.000.000 de euros):

I. 20.000.000 de euros.
II. 25.000.000 de euros.
III. 20.000.000 de euros.

Funding Objective 3(total de 100.000.000 de euros):

I. 55.000.000 de euros.
II. 10.000.000 de euros.
III. 25.000.000 de euros.
IV. 10.000.000 de euros.

Data de publicación

11/09/2014

Data límite de solicitude

26/02/2015

Documentación

Contacto

Innovation and Networks Executive Agency (INEA)
W910
Chaussée de Wavre 910 B-1049 Brussels, Belgium
Tel: +32 (0)2 29 95252 — Fax: +32 (0)2 29 73727
inea@ec.europa.eu — http://inea.ec.europa.eu — Twitter: @inea_eu


Se poderán enviar preguntas ao seguinte correo electrónico:

INEA-CEF-transport-calls-2014@ec.europa.eu

Comentarios

Información sobre a convocatoria e o proceso de avaliación detállase na Guía para os Solicitantes, que está dispoñible xunto a outros documentos pertinentes no sitio web da Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA):

http://inea.ec.europa.eu/en/cef/cef_transport/apply_for_funding/2014-cef-transport-annual-call.htm

As propostas deben ser presentadas a través do formulario de solicitude que proporcionará INEA no seguinte enlace:

http://inea.ec.europa.eu/en/cef/cef_transport/apply_for_funding/2014-cef-transport-annual-call.htm

As propostas deben presentarse electronicamente utilizando o módulo TENtec eSubmission. O formulario de solicitude A xerase automaticamente polo módulo eSubmission. Os formularios de solicitude B, C e D deben ser descargados da seguinte páxina web:

http://inea.ec.europa.eu/en/cef/cef_transport/apply_for_funding/2014-cef-transport-annual-call.htm

Unha versión en papel do formulario de solicitude A e os seus anexos (un orixinal, firmado e selado no seu caso) deberán presentarse a máis tardar o 26 de febreiro 2015. A solicitude impresa debe enviarse ou ben por correo certificado, por servizo de mensaxería, ou entrega en man (en persoa ou mediante un representante do solicitante) á seguinte dirección:

European Commission – Innovation and Networks Executive Agency
CEF Transport 2014 AP Call
W910 - 01/38
Avenue du Bourget, 1
1140 Brussels (Evere)
Belgium

Para as entregas realizadas en persoa, será confirmada por un recibo datado e firmado por un oficial del Departamento Central de Correos da Comisión que acepte a entrega dos documentos. O Servizo Central de Correos está aberto de 7:00 h a 17:30 h de luns a venres e pecha os sábados, domingos e festivos.

Para os envíos por correo certificado ou por servizo de mensaxería, a data válida de envío será o cuño ou a data de envío como se evidencia no albarán de entrega do mensaxeiro ou o recibo do envío.

A versión en papel da proposta completa debe ser presentada en dous sobres pechados, uno dentro doutro. No sobre interior deberá figurar a indicación:

CEF Transport
AP Call for proposals 2014
INEA
- Not to be opened by the Postal Service of the Internal Mail Department -

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante