Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatorias de propostas conforme ao programa plurianual de traballo con vistas á concesión de subvencións no ámbito da infraestrutura transeuropea de transporte - CONECTAR EUROPA

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

Esta convocatoria ten como obxectivo a concesión de subvencións a proxectos no ámbito da Rede Transeuropea de Transporte atendendo ás prioridades e obxectivos definidos no programa plurianual de traballo da Rede Transeuropea de Transporte (RTE-T).

Eidos de actuación

Os obxectivos de financiamento para a concesión de subvencións son os seguintes:

• Obxectivo de financiamento 1: eliminar embotellamentos e construír enlaces pendentes, reforzar a interoperabilidade ferroviaria e, en particular, mellorar os tramos transfronteirizos.

Prioridades:

-Corredores da rede principal
-Outras seccións da rede principal
-Interoperabilidade do sistema ferroviario
-ERTMS

• Obxectivo de financiamento 2: garantir uns sistemas de transporte sostibles e eficientes a longo prazo, co fin de prepararse para os futuros fluxos de transporte previstos, así como facer posible a descarbonación de todos os modos de transporte mediante a transición a tecnoloxías hipocarbónicas innovadoras e eficientes no uso da enerxía, ao tempo que se optimiza a seguridade.

Prioridades:

-Innovación
-Infraestruturas seguras

• Obxectivo de financiamento 3: optimizar a integración e interconexión dos modos de transporte e reforzar a interoperabilidade dos servizos de transporte garantindo a accesibilidade das infraestruturas de transporte.

Prioridades:

-SESAR
-RIS
-ITS para a estrada
-Autoestradas do mar
-Os nodos da rede principal
-Plataforma loxística - Multimodal

• Obxectivo de financiamento 4: dotación do Fondo de Cohesión.

Prioridades:

-Corredores da rede principal
-Outras seccións da rede principal
-ERTMS
-Innovación
-Infraestruturas seguras
-Autoestradas do mar

Destinatarios

Só as propostas presentadas por un dos seguintes tipos de solicitantes son elixibles:

- Un ou máis Estados membros;
- Co acordo dos Estados membros interesados, organizacións internacionais, empresas comúns ou organismos ou empresas públicas ou privadas establecidas nos Estados membros;

As propostas poden ser presentadas por entidades que non teñan personalidade xurídica en virtude do Dereito nacional aplicable, sempre que os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigas xurídicas no seu nome e ofrezan garantías para a protección dos intereses financeiros da Unión equivalente á ofrecida polas persoas xurídicas.

As propostas presentadas por persoas físicas non serán subvencionables.

Calquera solicitante que non poida proporcionar o acordo do Estado membro de que se trate non poderá ser elixido.

Cando sexa necesario para lograr os obxectivos dun determinado proxecto de interese común e, cando estea xustificado, terceiros países e entidades establecidas en terceiros países poderán participar en accións que contribúan aos proxectos de interese común. Non obstante, non poderán financiarse nesta convocatoria de propostas, agás cando iso sexa imprescindible para alcanzar os obxectivos dun determinado proxecto de interese común.

Socios

As propostas realizadas por varios candidatos deben designar un coordinador.

Nas accións propostas dentro da prioridade ”Sistemas Intelixentes de Transporte por Estrada (ITS)” deberán participar un mínimo de tres Estados membros.

Nas accións propostas presentadas dentro da prioridade ”Autoestradas do Mar” deben incluír os solicitantes de, e ser apoiado por, un mínimo de dous Estados membros diferentes.

Financiamento

O orzamento da convocatoria repartirase da seguinte forma:

• Obxectivo de financiamento 1: o importe indicativo dispoñible para as propostas seleccionadas é de 5 954,786 millóns de euros.
• Obxectivo de financiamento 2: 249 millóns euros.
• Obxectivo de financiamento 3: 731,24 millóns euros.
• Obxectivo de financiamento 4: 3.984,08 millóns euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 10.919,10 millóns de euros.

Tipos de financiamento do Mecanismo Conectar Europa:

• Subvencións
O financiamento do Mecanismo Conectar Europa será outorgada principalmente a través de subvencións reservadas aos proxectos que son difíciles de implementar debido á súa natureza transfronteiriza ou cun longo prazo na rendibilidade do investimento.

• Instrumentos financeiros
O financiamento tamén estará dispoñible a través de instrumentos financeiros (xestionados en cooperación coas entidades encargadas, en lugar de en forma de convocatorias de propostas).

• Accións de apoio ao programa
Tamén se previron unha serie de accións de apoio ao programa co obxectivo de axudar a mellorar a capacidade dos promotores de proxectos e dos Estados membros para preparar proxectos de gasodutos e oleodutos.

Duración do proxecto

A duración dos proxectos variará dependendo do tipo de acción, polo que se deberá consultar a páxina web da convocatoria para máis detalles.

Data de publicación

11/09/2014

Data límite de solicitude

26/02/2015

Documentación

Contacto

As dúbidas e preguntas sobre esta convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico:

INEA-CEF-transport-calls-2014@ec.europa.eu

Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA)
http://europa.eu/about-eu/agencies/executive_agencies/inea/index_es.htm
inea@ec.europa.eu

Comentarios

As propostas deben presentarse electronicamente utilizando o módulo TENtec eSubmission.

O formulario de solicitude A é xerado automaticamente polo módulo eSubmission. Os formularios de solicitude B, C e D deben ser descargados da páxina web da convocatoria e logo deben ser debidamente cubertos. Unha vez rematado, deberán achegarse á solicitude A (a través do módulo TENtec eSubmission). O mesmo procedemento serve para todos os anexos que acompañan á proposta. A parte D dunha proposta non poderá exceder de 40 páxinas.

http://inea.ec.europa.eu/en/cef/cef_transport/apply_for_funding/2014-cef-transport-multi-annual-call-funding-objective-1.htm

A solicitude impresa debe enviarse ben por correo certificado, por servizo de mensaxería ou en man (en persoa ou mediante un representante do solicitante) á seguinte dirección:

Axencia Executiva de Innovación e Redes (INEA)
CEF Transport 2014 MAP Call
W910 - 01/38
Avenue du Bourget, 1
1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica

A versión en papel da proposta completa debe ser colocada en dous sobres pechados, un dentro do outro. No sobre interior deberá figurar a indicación:

CEF Transport
MAP Call for proposals 2014
INEA
- Not to be opened by the Postal Service of the Internal Mail Department –

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante