Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para a creación do Marco de Colaboración para a Implementación de SESAR (Mecanismo Conectar Europa - Sector do Transporte) MOVE/E2-2014-717/SESAR FPA

Programa

MECANISMO CONECTAR EUROPA

Obxectivo xeral

O proxecto SESAR é unha iniciativa da Unión Europea co obxectivo de modernizar e harmonizar o sistema de xestión do tránsito aéreo (ATM) dende unha perspectiva tecnolóxica e operativa. É un compoñente esencial da iniciativa máis ampla do Ceo Único Europeo (SES). SESAR contribúe á consecución dos obxectivos de rendemento de alto nivel do SES en termos de aumentar a capacidade do sistema ATM europeo, ao tempo que reduce os seus custos e o impacto ambiental dos voos aumentando o nivel de seguridade.

O obxectivo xeral desta convocatoria é establecer os niveis de xestión e execución da implementación de SESAR.

A convocatoria pretende proporcionar apoio financeiro para facilitar a execución eficaz e eficiente das tarefas do Xestor de Implementación (Deployment Manager).

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria son:

• seleccionar os socios do Marco de Asociación para a Implementación de SESAR (SESAR deployment Framework Partnership), que se formalizará mediante a firma do Acordo Marco de Asociación para a Implementación de SESAR;
• designar o Xestor de Implementación;
• conceder unha subvención específica para o Xestor de Implementación para facilitar unha execución eficaz e eficiente.
• definir o Programa de Implementación mediante a identificación dos proxectos de execución do Proxecto Piloto Común.

Eidos de actuación

O Marco de Asociación para a Implementación de SESAR establécese e réxese por tres contratos:

1) O Acordo Marco de Asociación (Framework Partnership Agreement FPA), que será celebrado entre os socios e a Comisión, para establecer as condicións que rexen a concesión de subvencións aos socios sobre a base dun Plan de Acción 2014-2020 que cobre toda a duración do FPA. O plan de acción incluirá tamén o Programa de Implementación.

2) O Acordo de Subvención Específica (Specific Grant Agreements ASG), que poderá ser de dous tipos: para proxectos de implementación e para tarefas do Xestor de Implementación.

3) Un acordo de cooperación internacional.

Respecto ao Programa de Implementación, na presente convocatoria espérase que os solicitantes envíen unha proposta cubrindo as funcionalidades ATM do Proxecto Piloto Común. Nesta etapa, a proposta pode centrarse nos proxectos iniciais de implementación (incluíndo os seus requisitos) e as accións preparatorias que xa se iniciaron ou iniciaranse antes de 31/12/2016.

Tamén debería involucran ao sector militar e ao Xestor de Rede.

Destinatarios

A convocatoria está aberta ás persoas xurídicas de dereito público ou privado.

Así mesmo, tamén poden participar os organismos ou entidades que carezan de personalidade xurídica conforme ao Dereito nacional aplicable, sempre que os seus representantes teñan capacidade xurídica para contraer obrigas no seu nome e para ofrecer unha garantía para a protección dos intereses financeiros da Unión equivalente á ofrecida polas persoas xurídicas constituídas e rexistradas nun Estado membro.

Socios

As solicitudes deben ser presentadas por un consorcio de actores necesarios para a implementación do Proxecto Piloto Común e establecidas nos Estados membros, co acordo dos Estados membros interesados.

Os socios establecidos fóra dos Estados membros poden recibir axuda financeira baixo o programa de traballo do Mecanismo Conectar Europa se son países veciños que participan na implementación de sistemas de xestión de tráfico aéreo, tales como proxectos comúns de SESAR. En tales casos, as solicitudes tamén deben contar co consentimento dun Estado membro.

O consorcio solicitante debe identificar que entidades participan como socios coordinadores, é dicir, as entidades que forman o Xestor de Implementación, e cales participan como socios na execución.

Financiamento

A asistencia financeira da UE non superará as seguintes porcentaxes:

• Para a dotación europea do Mecanismo Conectar Europa:

a) en relación con subvencións específicas para os estudos: o 50% dos custos subvencionables;
(b) no que respecta ás subvencións para os sistemas e servizos de aplicacións telemáticas:
- para os compoñentes terrestres: o 50% dos custos subvencionables;
- para os compoñentes da bordo: o 20% dos custos subvencionables.

As porcentaxes de financiamento mencionadas poderán aumentarse ata nun 10% para as accións coas sinerxías entre polo menos dous dos sectores cubertos pola regulación do Mecanismo Conectar Europa. Este incremento só se refire aos custos subvencionables da parte sobre transporte recollida nas accións.

• Para a dotación de cohesión do Mecanismo Conectar Europa:

As porcentaxes máximas de financiamento serán os aplicables ao Fondo de Cohesión e harmonizaranse en liña coas taxas de cofinanciamento que se aplican á axuda do Fondo de Cohesión para os proxectos TEN-T en cada Estado membro.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 305,50 M€.

No presuposto para o ano 2014, destináronse para a implementación de SESAR 300 millóns de euros, e para as tarefas do xestor de despregamento durante o período 2014-2015, 5.5 millóns de euros.

Data de publicación

12/07/2014

Data límite de solicitude

15/10/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico indicando no asunto: ”SESAR FRAMEWORK PARTNERSHIP CALL”

MOVE-E2-SINGLE-SKY-UNIT@ec.europa.eu

Comentarios

O formulario pódese atopar na seguinte dirección.

http://ec.europa.eu/transport/facts-fundings/grants/2014-sesar-deployment_en.htm

A solicitude deberá ir acompañada dos seguintes documentos:

1) Unha proposta de plan de acción que inclúe o Programa de Implementación.

2) Os borradores ou polo menos as liñas xerais dos acordos de cooperación co Xestor de Rede, a Empresa Común SESAR (SESAR Joint Undertaking), as Autoridades Nacionais de Supervisión (NSAs), a industria manufectureira e a Axencia Europea de Defensa (European Defence Agency EDA).

3) Un borrador do acordo de cooperación interna.

4) Os solicitantes deberán presentar tamén unha proposta para a acción de apoio ao programa que cubra as tarefas do Xestor de Implementación nun anexo separado do formulario de solicitude. A proposta consistirá nunha descrición detallada das actividades que os solicitantes teñan previsto levar a cabo para cumprir coas tarefas do Xestor de Implementación para o período 2014-2015.

Estas solicitudes enviaranse de dúas formas:

1. Por correo certificado ou servizo de mensaxería privado:
a) Por correo certificado a:
Comisión Europea
Directorate-General for Mobility and Transport
DM 28 - 0/110 - Mail/Archives
B-1049 Bruxelas 
Bélxica

b) Por servizo de mensexería privado a:
Comisón Europea
Directorate-General for Mobility and Transport - DM 28 - 0/110
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica

2. Entrega en man a:
Comisión Europea
Directorate-General for Mobility and Transport - DM 28 - 0/110
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruxelas (Evere)
Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante