Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Manifestacións de interese para a elaboración dunha lista de expertos que aporten coñecementos especializados a ”Fusion for Energy”

Programa

EMPRESA COMÚN PARA O ITER E O DESENVOLVEMENTO DA ENERXÍA DE FUSIÓN (FUSION FOR ENERGY)

Obxectivo xeral

O Consello da Unión Europea estableceu a Empresa Común Europea para o ITER (Reactor experimental de fusión nuclear que se perfila como unha das tecnoloxías para a xeración de enerxía renovable) e o Desenvolvemento da Enerxía de Fusión (Fusion for Energy) con tres obxectivos:

  • achegar a contribución da Comunidade Europea á Organización Internacional da Enerxía de Fusión ITER na súa calidade de Axencia Interna europea,
  • achegar a contribución da Comunidade Europea ás actividades da formulación máis ampla realizadas entre Euratom e Xapón (proxectos JT-60SA, IFMIF-EVEDA e IFERC), na súa calidade de organismo de execución,
  • preparar a construción dun reactor de fusión de demostración (DEMO).

Eidos de actuación

Espérase que os expertos inscritos conten cos coñecementos teóricos e prácticos axeitados nos ámbitos de actividade en que se poida solicitar a súa asistencia.

Espérase que os expertos dispoñan de coñecementos lingüísticos axeitados e que, en concreto, dominen a lingua inglesa, tanto por escrito como oralmente.

Fusion for Energy poderá seleccionar aos expertos da lista que posúan coñecementos especializados e competencias axeitados á tarefa en cuestión.

A selección do experto efectuarase mediante a sinatura dun contrato entre este, como persoa física, e Fusion for Energy. Fusion for Energy non intervirá en relación con ningún acordo existente entre o experto e o seu empregador.

Destinatarios

Fusion for Energy convida á presentación de candidaturas co obxecto de elaborar unha lista de expertos independentes aos que poida recorrerse para que:

  • acheguen coñecementos técnicos especializados relacionados co seu ámbito de especialización,
  • acheguen coñecementos especializados en apoio da avaliación das propostas,
  • acheguen coñecementos especializados en apoio da avaliación das licitacións,
  • acheguen coñecementos especializados en apoio de traballos de deseño específicos,
  • presten axuda na avaliación de resultados de I+D.

Financiamento

A selección dun experto concreto por parte de Fusion for Energy terá unha duración non superior a 100 días por ano natural nin a 500 días durante os 5 anos de vixencia da lista.

Os expertos non recibirán remuneración, pero si terán dereito a percibir unha dieta por cada xornada de traballo completa, a cal ascenderá a 450 EUR por día.

Data límite de solicitude

04/07/2013

Documentación

Contacto

Centro Información en España: Mr. Angel Chamero Ministry of EconomyDirectorate-General for Energy Policy and MiningPhone: +34 (91) 349 74 26 Fax: +34(91) 349.75.55E-mail: AChamero@mitic.es

Comentarios

Non se aceptarán as solicitudes enviadas por correo ou servizos de mensaxería ou remitidas a enderezos de correo electrónico non especificadas.

A lista terá unha validez de 5 anos a partir da data de publicación da presente convocatoria. As solicitudes poderán presentarse en calquera momento ata un prazo de 3 meses antes de que expire a validez da lista.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante