Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas dedicada a proxectos españois que integren a igualdade de xénero e a conciliación da vida profesional e familiar do Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEE).

Programa

IGUALDADE DE XÉNERO E CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Obxectivo xeral

Para o cumprimento dos obxectivos do programa é necesario realizar proxectos destinados a promover: a igualdade de xénero no mercado laboral, o emprendemento feminino, a conciliación da vida laboral e persoal, así como a inclusión sociolaboral de mulleres de grupos vulnerables.

Eidos de actuación

Igualdade de xénero e a conciliación da vida profesional e familiar.

Destinatarios

Entidades locais ou as súas agrupacións; organizacións sindicais; organizacións empresariais; universidades e centros de estudos e investigación sen ánimo de lucro; entidades sen ánimo de lucro e ONG de mulleres.

Socios

O Estado doador é o Reino de Noruega.

Financiamento

Proxectos Tipo 1. Redución da brecha salarial nas empresas.

Teñen como finalidade o desenvolvemento e a implementación de actuacións dirixidas a mellorar a investigación sobre as causas da brecha salarial de xénero, a súa medición, así como a visibilización dos resultados, a favorecer a igualdade salarial entre mulleres e homes na negociación colectiva, nas empresas e no sector público, así como a sensibilizar ás empresas, axentes sociais, operadores xurídicos e á sociedade no seu conxunto sobre este fenómeno.
Contía máxima da subvención ao conxunto de proxectos de Tipo 1: 1.733.980 euros para todo o período.

Proxectos Tipo 2. Actividades para promover a actitude emprendedora das mulleres

O obxectivo destes proxectos é conseguir a mellora da participación feminina na actividade empresarial, así como promover o intercambio cos países doadores de boas prácticas nesta materia. Para iso subvenciónanse proxectos dirixidos á identificación, selección e avaliación de oportunidades de negocio, así como á creación dun sistema de información, asesoramento e apoio ás emprendedoras nas distintas fases de creación de empresas, e cantas iniciativas poidan contribuír a promover o autoemprego e o emprendemento feminino.

Contía máxima da subvención ao conxunto de proxectos de Tipo 2.1: 1.255.881 euros para todo o período e para os proxectos de Tipo 2.2 é de 1.287.888 euros.

Proxectos Tipo 3. Actividades dirixidas a mulleres pertencentes a grupos vulnerables e a mulleres de áreas rurais.

Mediante estes proxectos preténdese conseguir a inserción sociolaboral de mulleres pertencentes a grupos de especial vulnerabilidade, así como promover o intercambio cos países doadores de boas prácticas nesta materia. Para iso subvenciónanse proxectos dirixidos ao desenvolvemento de actividades cuxa finalidade sexa a mellora da inclusión no mercado laboral de mulleres pertencentes a grupos de especial vulnerabilidade e do medio rural.
Para estes efectos, e con carácter orientativo, considéranse mulleres con especiais dificultades de incorporación ao mercado laboral as maiores de 45 anos, de etnia xitana, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero, reclusas e ex reclusas, mulleres prostituídas, dependentes do consumo de substancias tóxicas, así como mulleres do ámbito rural.

Contía máxima da subvención para o conxunto de proxectos de Tipo 3: 1.144.705 euros para todo o período con cargo ao crédito orzamentario 26.107.232 B. 485

Do orzamento total, 3.253.473 euros imputaranse ao presuposto de 2014 e 2.168.981 euros farano ao de 2015.

Orzamento total da convocatoria

A contía máxima das subvencións outorgadas a través desta convocatoria será de 5.422.454
euros.

Duración do proxecto

O prazo de execución dos proxectos comezará o 1 de xaneiro de 2014 e finalizará o 15 de outubro de 2015.

Data de publicación

10/02/2014

Data límite de solicitude

09/04/2014

Documentación

Contacto

Poderase solicitar información sobre as convocatorias na seguinte dirección de correo electrónico:

info.eegrants@msssi.es

Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade (Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade):

Paseo do Prado, 18-20. Telf. 91 596 10 00

Instituto da Muller:

Rúa da Condesa do Venadito, 34, 28027 Madrid. Telf. 914 52 85 00

Comentarios

As solicitudes para a obtención das subvencións ás que se refire esta convocatoria formalizaranse de acordo cos formularios que, para tal efecto, figuran incluídos na páxina Web do Programa (www.eeagrants.spain.msssi.gob.es) e do Instituto da Muller (http://www.inmujer.gob.es/).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante