Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Asociacións transfronteirizas e apoio a cooperación en materia de mobilidade intracomunitaria para os países da EEE e os interlocutores sociais/ Programa EaSI

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

A promoción da mobilidade xeográfica dos traballadores e impulso de
oportunidades de empleo.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo da convocatoria é promover a mobilidade xeográfica dos traballadores para aumentalas oportunidades de emprego así como apoiar a aplicación da regulación de EURES.

Eidos de actuación

-Apoiar a mobilidade xusta para os traballadores fronteirizos nas zonas fronteirizas.
-Desenvolver asociacións innovadoras e a experimentación con novos enfoques para a integración do mercado de traballo nas rexións transfronteirizas.
-Apoiar a mobilidade laboral na UE nos países de EEE.
-Apoiar unha mellor coordinación dos socios e as actividades sociais no nivel da rede EURES polos interlocutores sociais europeos.

Destinatarios

Organismos, públicos ou privados, establecidos no territorio europeo.

Socios

Entidades xurídicas debidamente establecidas y rexistradas nos países membros da UE e en Islandia e Noruega de conformidade co acordo EEE.

Financiamento

A subvención distribuirase da seguinte maneira:
-Para apoiar a mobilidade dos traballadores transfronteirizos 4.005.000 euros.
-Para crear asociacions innovadoras 445.000 euros.
-Para apoiar á mobilidade laboral 300.000 euros.
-Para actividades sociais e mellor coordinación 150.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á cofinanciación de proxectos se estima en 4.900.000 euros.

Duración do proxecto

O proxecto terá unha duración máxima de 12meses

Data de publicación

30/05/2017

Data límite de solicitude

16/06/2017

Documentación

Contacto

Se ten algunha pregunta, póñase en contacto con:
empl-vp-2017-006@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante