Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio ao dialogo social / EASI

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Esta convocatoria pretende contribuir as prioridades e actividades do diálogo social europeo, incluidas as que forman parte do compromiso da Comisión Europea para reforzar o diálogo social.

Obxectivo específico da convocatoria

O fortalecemento da participación dos interlocutores sociais no semestre europeo e a mellora da súa contribución á formulación de políticas da UE.
Tamén crear e reforzar a capacidade dos interlocutores sociais (da industria transversal e/ou sectorial) nacional para participar no diálogo social nacional e para participar e contribuír o diálogo social europeo, en particular naqueles Estados membros nos que o diálogo social está pouco desenvolvido.

Eidos de actuación

-Medidas para preparalo diálogo social europeo, como as enquisas preparatorios, reunións e conferencias.
-Medidas consideradas parte do diálogo social, como as negociacións, as reunións preparatorias de negociacións ou actividades relacionadas coa aplicación dos acordos negociados e outros resultados negociados.
-Medidas para aplicar o programa de traballo dos interlocutores sociais europeos como a organización de mesas redondas ou intercambios de experiencias e redes de actores clave.
-Medidas para difundir, promover, supervisar e evalualas actividades e os resultados do diálogo social europeo, por exemplo, a través de eventos europeos ou nacionais.
-Medidas para mellorar a coordinación, funcionamento e a eficacia do diálogo social europeo, en particular mediante a identificación e formulación de propostas comúns para os comités de diálogo social, tales como o intercambio de boas prácticas eventos de formación conxunta.
-Medidas para fortalecela capacidade dos interlocutores sociais para contribuír o diálogo social europeo, con especial atención ós países do Centro e Europa do Este e dos países candidatos, por exemplo, a través de seminarios de información e formación dirixidas a desenvolver experiencia xurídica ou capacidade de organización / xestión, ou ampliar a afiliación e representatividade.
-Medidas para fortalecer máis o número de membros das organizacións europeas de interlocutores sociais.
-Medidas dos interlocutores europeos que contribúan o proceso de fortalecemento do dialogo social iniciado pola Comisión Europea, en particular con respecto a participación dos interlocutores sociais no semestre europeo e a súa contribución á formulación de políticas da UE.
-Medidas dos interlocutores sociais que contribúan ó traballo e a dimensión social e económica da Estratexia Europa 2020, incluída a vixilancia e análise do seu impacto nos mercados de traballo europeos.

Destinatarios

Persoas xurídicas como organizacións sociais a nivel europeo, nacional ou rexional. Tamén poden ser organizacións sociais sen personalidade xurídica si as condiciones do regulamento financeiro relacionado coa mesma se cumpre.
Os solicitantes deben estar establecidos e rexistrados en países da UE ou nos países candidatos.

Socios

Para máis información, contacte co solicitante

Financiamento

A subvención máxima será do 90% dos custes totais do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado a estes proxectos estímase en 9.630.000 euros.

Duración do proxecto

24 Meses

Data de publicación

30/05/2017

Data límite de solicitude

15/06/2017

Documentación

Contacto

En caso de preguntas, diríxase a:
empl-vp-social-dialogue@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante