Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Medidas de información e formación para as organizacións de traballadores/ Programa EaSI

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Os obxectivos desta convocatoria inclúen medidas e iniciativas para reforzar a capacidade das organizacións de traballadores para abordar, a nivel da UE e transnacional, os cambios nos retos relacionados co traballo, tales como a modernización do mercado de traballo, a creación de emprego e a adecuación de postos de traballo, a calidade do traballo, etc.

Obxectivo específico da convocatoria

A creación de propostas para reforzar a capacidade das organizacións de traballadores para abordar os cambios e retos relacionados co mercado de traballo

Eidos de actuación

As actividades que poden financiarse con arranxo á presente convocatoria de propostas inclúen: conferencias, seminarios, mesas redondas, estudos, enquisas, publicacións, cursos de formación, ferramentas de formación, establecemento de redes e desenvolvemento e intercambio de mellores prácticas.

Destinatarios

Organizacións de interlocutores sociais que represente aos traballadores, a nivel europeo, nacional ou rexional que estén establecidos e rexistrados nos Estados membros da UE.

Socios

Os co-candidatos deben estar establecidos e inscritos nos Estados membros de Países candidatos.

Financiamento

No marco da presente convocatoria de propostas, a subvención da UE non poderá superar o 90% dos custos subvencionables totais da acción. Os solicitantes deberán garantir o seu cofinanciación do importe restante cuberto polos recursos propios das demandantes ou doutras fontes distintas do orzamento da Unión Europea

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total destinado á cofinanciación de proxectos da UE no marco da presente convocatoria estímase en 4 500 200 euros.

Data de publicación

18/04/2017

Data límite de solicitude

15/05/2017

Documentación

Contacto

Todas as consultas deben facerse por correo electrónico soamente a:
Empl-vp-info-training@ec.europa.eu
Para problemas técnicos, póñase en contacto con: empl-swim-support@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante