Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Integración rápida no mercado de traballo de nacionais de terceiros países dirixidos exclusivamente aos solicitantes de asilo, aos refuxiados e aos seus familiares - VP/2016/015 

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O programa EaSI é un instrumento financeiro a nivel europeo xestionado de maneira directa pola Comisión Europea que consiste en ofrecer apoio financeiro co fin de conseguir os obxectivos da Unión, promovendo un alto nivel de calidade e emprego sustentable, garantindo unha protección social digna, loitando contra a exclusión social e a pobreza e mellorando as condicións de traballo. 

A innovación social promovida por este programa pode axudar a superar e afrontar desafíos sociais tan actuais como a integración dos refuxiados, proporcionando respostas innovadoras que permitan ofrecer mellores resultados na vertente social. 

De maneira máis precisa, os obxectivos do devandito programa son: prestar especial atención a grupos vulnerables (como solicitantes de asilo e refuxiados que chegan a Europa no contexto da actual crise migratoria xunto cos seus familiares), promover a igualdade de xénero, combater a discriminación e o desemprego de longa duración.

Obxectivo específico da convocatoria

Hai que ter en conta que para conseguir que a integración na sociedade de acollida teña éxito, é fundamental que a incorporación ao mercado laboral sexa rápida. Para isto é importante tanto promover boas prácticas que permitan aos grupos obxectivo poder adaptarse de maneira rápida e sinxela ás necesidades do mercado laboral dos países de acollida, como dotalos das capacidades necesarias para iso.

Concretamente, os obxectivos desta convocatoria son: 
1. Promover o desenvolvemento e a proba de mecanismos eficaces e innovadores para asegurar unha integración rápida no mercado laboral.

2. Desenvolver modelos sustentables de colaboración a varios niveis conducentes á integración no mercado laboral dos grupos obxectivo.

3. Fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre distintos Estados Membros sobre os mecanismos de inserción rápida e exitosa que xa están en práctica no mercado laboral, poñendo especial atención nos desafíos aos que se enfrontan as mulleres. 

Eidos de actuación

As accións que se leven a cabo dentro do período de duración do proxecto, deben ter como resultado unha eficaz integración no mercado laboral. 
En particular deberán: 

1. Ser decisivas para acadar os obxectivos anteriormente descritos.
2. Ter en conta as necesidades do mercado de traballo do país de acollida.
3. Axudar aos grupos obxectivo a satisfacer esas necesidades.
4. Cubrir as diferentes dimensións dunha rápida integración dos grupos obxectivo.
5. Demostrar unha visión a longo prazo.
6. Desafiar os estereotipos dos roles de xénero dentro das comunidades emigrantes e asegurar que as prácticas laborais promovan a igualdade de xénero e non fortalezan os estereotipos, a separación e as desigualdades de xénero
7. Ser sustentable máis aló do período de concesión
8. Fortalecer a capacidade dos principais actores para levar a cabo estes esquemas.
9. Incluír mecanismos de transferencia/reprodución  para outros países de acollida/ grupos.

Cabe destacar que as accións que se propoñan deben de ser creativas e suxerir medidas innovadoras e que todas as probas de enfoques innovadores e/ou a ampliación da eficacia dos esquemas de políticas probados, deben de ser apoiados por métodos de avaliación e mecanismos de validación. 

Destinatarios

Son elixibles como xefes de fila ou socios, as entidades xurídicas debidamente establecidas e rexistradas nun Estado Membro da Unión, en Islandia ou Noruega (conforme ao Acordo EEE), en Albania, Antiga República Iugoslava de Macedonia, Montenegro, Serbia ou Turquía.
O xefe de fila debe de ser un organismo público e as organizacións asociadas teñen que ser entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro ou organizacións internacionais.

Socios

Para ser elixibles, as propostas deben incluír un consorcio internacional formado polo menos por 4 organizacións (1 xefe de fila e 3 socios) con polo menos un establecido nun Estado membro da UE e, en principio, polo menos unha das organizacións dun dos países candidatos (anteriormente mencionados). 

Financiamento

A subvención comunitaria non poderá superar o 80% dos custes elixibles totais. Os solicitantes terán que asegurar a cofinanciación da cantidade restante mediante os seus propios recursos ou a través doutras fontes da Unión Europea. 

Orzamento total da convocatoria

14.200.000 euros para financiar aproximadamente de 5 a 7 propostas, aínda que a Comisión resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Duración do proxecto

24-36 meses

Data de publicación

21/12/2016

Data límite de solicitude

30/03/2017

Documentación

Contacto

Calquera cuestión debe enviarse por correo electrónico a: 
 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante