Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Corpo  Europeo de Solidariedade– Vertente ocupacional - VP/2016/018 

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O programa EaSI é un instrumento financeiro a nivel europeo xestionado de maneira directa pola Comisión Europea que consiste en ofrecer apoio financeiro co fin de conseguir os obxectivos da Unión, promovendo un alto nivel de calidade e emprego sustentable, garantindo unha protección social digna, loitando contra a exclusión social e a pobreza e mellorando as condicións de traballo. 

De maneira máis precisa, os obxectivos do devandito programa son: prestar especial atención a grupos vulnerables (como os mozos), promover a igualdade de xénero, combater a discriminación e o desemprego de longa duración.   

Obxectivo específico da convocatoria

Con esta convocatoria preténdese ofrecer oportunidades de traballo remunerado, en coherencia cos valores do Corpo Europeo de Solidariedade, a mozos nacionais que teñan entre 18 e 30 anos noutro Estado Membro distinto do seu país de residencia.  Deste xeito,  os mozos  motivados e socialmente concienciados, poderán adquirir experiencia e coñecementos e desenvolver as súas habilidades. 


Concretamente, os obxectivos desta convocatoria son 3: 

1. Establecer un consorcio a gran escala que poida ofrecer oportunidades profesionais aos participantes do Corpo Europeo de Solidariedade nunha ampla gama de actividades solidarias en toda a Unión.

2. Poñer en marcha as actividades necesarias para permitir que os participantes do Corpo Europeo de Solidariedade  efectivamente poidan traballar noutro Estado Membro distinto do do seu país de residencia, abordando os obstáculos relacionados coa mobilidade. 

3. Realizar un informe sobre os propósitos e resultados acadados, identificando tamén as recomendacións que teñan interese para o desenvolvemento do Corpo Europeo de Solidariedade.

Eidos de actuación

Co fin de garantir a creación de emprego personalizado e de servizos de mediación para integrar aos traballadores novos nos Estados receptores, o consorcio terá que levar a cabo as seguintes actividades dirixidas ao público destinatario da acción: 


A. Levar a cabo actividades de difusión e información dirixidas a organizacións interesadas así como aos empregadores que participan en actividades solidarias para compartir oportunidades, ofertas ou vacantes de traballo elixibles para os participantes do Corpo Europeo de Solidariedade co consorcio. 

B. Proporcionar información sobre as oportunidades aos grupos de mozos acerca das oportunidades ofrecidas no marco do Corpo Europeo de Solidariedade. 

C. Proporcionar orientación e apoio para a selección, correspondencia e localización de participantes do Corpo Europeo de Solidariedade que se inscribiron na opción de rexistro que está integrada no Portal Europeo da Mocidade. 

D. Promover e desenvolver a cooperación cos Servizos Públicos de Emprego. 

E. Traballar cos empregadores para identificar oportunidades no ámbito laboral dos participantes do Corpo Europeo de Solidariedade e desenvolver ofertas concretas de emprego adecuadas para devanditos participantes.

F. Xestionar apoio financeiro directo para os participantes e as organizacións para facilitar a súa contratación e os correspondentes resultados da mesma. 

G. Garantir a certificación apropiada detallando o que os participantes fixeron durante a súa contratación. 

H. Acompañar aos participantes e aos empregadores o tempo que dure o emprego e, en particular, garantir un seguimento durante o mesmo,  ofrecendo apoio de mentores aos participantes seleccionados do Corpo Europeo de Solidariedade. 

I. Asistir aos participantes coas formalidades requiridas para a finalización do contrato e, no seu caso, proporcionar información sobre o acceso á asistencia para a procura de emprego. 

Destinatarios

As entidades xurídicas debidamente establecidas e rexistradas en calquera dos Estados Membros son elixibles ben como  xefes de fila ou ben como socios.

As entidades xurídicas que teñan unha conexión xurídica ou de capital cos candidatos, poden participar normalmente na acción como entidades afiliadas e declarar os custos elixibles.

Por outra banda, dependendo do alcance da acción, outras organizacións por exemplo,  organizacións asociadas, poderán participar cando a súa achega sexa necesaria para acadar os obxectivos da convocatoria. Nestes casos, os seus custos non serán elixibles. 

Socios

As solicitudes teñen que presentarse por un consorcio de polo menos 5 organizacións de 5 Estados Membros diferentes. No devandito consorcio teñen que incluírse polo menos dous Servizos Públicos de Emprego a nivel central con responsabilidades no campo da adaptación e a contratación transfronteirizas no territorio da Unión. 

Financiamento

A subvención da UE non poderá superar o 95% do total dos custes elixibles. 

Os solicitantes deberán garantir que o  importe restante será cofinanciado a través dos seus propios recursos ou doutras fontes que sexan distintas do orzamento da Unión Europea. 

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da presente convocatoria é de 8.243.895 euros, pero a Comisión prevé aumentalo ata 14.243.895 euros. 

Cabe destacar que a Comisión pretende financiar unha única proposta  que abranga todo o orzamento e resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles ou financiar máis dunha proposta.

Duración do proxecto

24 meses

Data de publicación

20/12/2016

Data límite de solicitude

17/03/2017

Documentación

Contacto

Calquera cuestión enviarase por correo electrónico a: empl-vp-2016-018@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante