Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Asociacións transfronteirizas e apoio á cooperación en materia de mobilidade dentro da UE para os países do EEE e os interlocutores sociais - VP/2016/005

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

-Reforzar a adhesión dos responsables políticos a todos os niveis e preparar actuacións concretas, tanto a nivel da Unión como dos Estados membros, nas áreas de emprego, asuntos sociais e inclusión social;
-Apoiar o desenvolvemento de sistemas de protección social e mercados de traballo adecuados, accesibles e eficientes;
-Modernizar e garantir unha aplicación efectiva da lexislación europea;
-Promover a mobilidade laboral e potenciar as oportunidades de traballo por medio do desenvolvemento dun mercado de traballo aberto;
-Promover o emprego e a integración social, mediante o aumento da dispoñibilidade e a accesibilidade da microfinanciación para as persoas vulnerables que desexen crear unha microempresa, así como para as microempresas existentes, e potenciar o acceso ao financiamento para as empresas sociais.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico da convocatoria é promover a mobilidade xeográfica dos traballadores, para aumentar as oportunidades de emprego, así como apoiar a implementación da regulación de EURES.

Eidos de actuación

A convocatoria componse de catro capítulos en liña co programa de traballo anual de 2016 para as subvencións e os contratos de EASI:
1. O primeiro capítulo tratará de apoiar ás asociacións transfronteirizas para poñer en práctica os obxectivos de EURES;
2. O segundo capítulo tratará de desenvolver novas formas de cooperación para a integración do mercado de traballo nas rexións transfronteirizas;
3. O terceiro capítulo tratará de facilitar a mobilidade laboral entre a Unión Europea e os países do EEE, así como apoiar a implementación e o funcionamento da rede EURES nos países do EEE;
4. O cuarto capítulo tratará de apoiar unha cooperación máis estreita dos membros de EURES cos interlocutores sociais.
As propostas dentro de cada unha dos capítulos deben apoiar as actividades en diferentes categorías.

Destinatarios

A rede EURES debe englobar as seguintes categorías de organizacións:
- Unha Oficina de Coordinación Europea.
- Oficinas de coordinación nacionais
- Membros EURES
- Socios EURES

Socios

Os consorcios de socios dos capítulos 1 e 2 deben representar polo menos dous Estados membros veciños.
As propostas creadas baixo os capítulos 3 e 4 poderán presentar a súa solicitude individual ou mediante a creación dun consorcio.

Financiamento

O financiamento non excederá do 90% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

4,65 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración indicativa dos proxectos é de 12 meses, comezando o 1 de xaneiro de 2017.

Data de publicación

04/05/2016

Data límite de solicitude

08/07/2016

Documentación

Contacto

As cuestións relativas a esta convocatoria deberán enviarse a: EMPL-VP-2015-005@ec.europa.eu en inglés, francés ou alemán.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante