Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Mellorando o expertise no campo das relacións laborais - VP/2016/004

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria é mellorar a experiencia e o coñecemento sobre as relacións laborais a través de actividades de análises e de investigación, a nivel da UE, así como en termos comparativos (identificación de converxencias e diferenzas nos sistemas de relacións laborais existentes nos Estados membros da UE e en países candidatos), e por tanto contribuír a desenvolver e reforzar a calidade e a eficacia das estruturas de relacións de traballo nos Estados membros e no conxunto de Europa.

Obxectivo específico da convocatoria

As accións que aborden os seguintes temas serán especialmente valoradas:
-O papel e a contribución das estruturas de relacións laborais, incluíndo o diálogo social, na resposta aos grandes retos / oportunidades xeradas pola globalización, a evolución demográfica, o cambio climático e o cambio tecnolóxico;
-A contribución das estruturas de relacións laborais, incluíndo o diálogo social, para alcanzar os resultados económicos e sociais en termos de: crecemento económico e competitividade; inclusión social e equidade; creación de emprego e calidade do emprego;
-O papel das estruturas de relacións laborais, incluíndo o diálogo social, no marco do semestre europeo e a Unión Económica e Monetaria;
-O impacto da coordinación da negociación colectiva a través de diferentes niveis e territorios.

Eidos de actuación

-Actividades para profundar aínda máis a análise sobre temas ou resultados clave que se examinaron na serie Relaciones Laborais en Europa da Comisión Europea e/ou no capítulo sobre o diálogo social no emprego e nos acontecementos sociais en Europa 2015;
-As actividades de investigación, tales como estudos, enquisas e outras formas de recolección de datos, exercicios de monitoraxe, investigación-acción;
-Medidas para mellorar a recompilación e uso da información (comparativa) nos sistemas de relacións laborais nos Estados membros da UE e os países candidatos e sobre a evolución a nivel europeo;
-Iniciativas para promover o coñecemento das prácticas de relacións de traballo eficaces, tanto a nivel nacional como europeo, incluíndo ao xuntar actores relevantes, como o mundo académico, os axentes sociais e políticos;
-Medidas para identificar e intercambiar información no ámbito das relacións laborais, inluyendo as actividades das redes entre as partes das relacións laborais e / ou expertos;
-Accións de difusión de tales achados en publicacións, mesas redondas, seminarios, conferencias, accións de formación e ferramentas de formación.

Destinatarios

-Asociacións sen ánimo de lucro ligadas ás relacións industriais, incluíndo universidades e centros de investigación.
-Autoridades públicas.
-Organizacións internationales activas nos ámbitos do diálogo social e/ou relacións industriais.

Socios

-Os socios líder deberán estar rexistrados nalgún Estado Membro da UE.
-Os demais socios deberán estar rexistrados nalgún Estado Membro da UE ou País Candidato á Adhesión.

Financiamento

A subvención solicitada deberá ser entre 150.000 e 500.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

4,15 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración indicativa dos proxectos é de 24 meses

Data de publicación

29/04/2016

Data límite de solicitude

15/07/2016

Documentación

Contacto

Calquera cuestión relativa á convocatoria deberá enviarse en inglés, francés ou alemán a: empl-vp-industrial-relations@ec.europa.eu


Comentarios

As solicitudes deberán presentarse electronicamente e en papel, preferiblemente en inglés,francés ou alemán.
A copia en papel deberá ser recibida pola Comisión Europea antes das 16.00 horas do 15 de xullo de 2016.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante