Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Información, consulta e participación dos representantes das empresas - VP/2016/003

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

-Reforzar a adhesión dos responsables políticos a todos os niveis e preparar actuacións concretas, tanto a nivel da Unión como dos Estados membros, nas áreas de emprego, asuntos sociais e inclusión social;
-Apoiar o desenvolvemento de sistemas de protección social e mercados de traballo adecuados, accesibles e eficientes;
-Modernizar e garantir unha aplicación efectiva da lexislación europea;
-Promover a mobilidade laboral e potenciar as oportunidades de traballo por medio do desenvolvemento dun mercado de traballo aberto;
-Promover o emprego e a integración social, mediante o aumento da dispoñibilidade e a accesibilidade da microfinanciación para as persoas vulnerables que desexen crear unha microempresa, así como para as microempresas existentes, e potenciar o acceso ao financiamento para as empresas sociais.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo desta convocatoria de propostas é financiar operacións destinadas a desenvolver a participación dos empregados nas empresas - é dicir, calquera mecanismo, incluíndo a información, consulta e participación, a través do cal os representantes dos traballadores poden influír nas decisións que se adopten na empresa - en particular, mediante a sensibilización e a contribución á aplicación da lei e as políticas da UE neste eido.

Eidos de actuación

Os tipos de actividades que poden acollerse á presente convocatoria de propostas inclúen:
Conferencias, seminarios, accións de formación de curta duración, manuais e intercambio de información de boas prácticas, involucrando a representantes dos traballadores e / ou de empleadores;
Documentos de análises sobre os aspectos cualitativos e cuantitativos, os resultados sobre temas relacionados cos traballadores e os empleadores, a representación e o diálogo social a nivel de empresa nun contexto de cooperación transnacional;
Sitios web, publicacións, boletíns e outros medios para a difusión de información.

Destinatarios

Entidades que representen aos traballadores ou aos empregados dos Estados Membros. Como excepción o socio líder pode ser un organismo técnico como unha entidade de formación sen ánimo de lucro, institucións de investigación e empresas comerciais só se o obxectivo do proxecto é non comercial.

Socios

No caso de que non se presenten propostas por unha organización de traballadores ou de empleadores europea – nivel 17 , a acción debe involucrar a entidades afiliadas de máis dun Estado membro e / ou dos países candidatos . O consorcio tamén pode incluír organizacións asociadas.

Financiamento

A subvención solicitada non deberá ser inferior a 108.000 euros e en ningún caso a cofinanciación por parte da Comisión excederá do 90% dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

7,31 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración indicativa do proxecto é de ata 24 meses.

Data de publicación

18/04/2016

Data límite de solicitude

17/06/2016

Documentación

Contacto

Calquera cuestión relativa á convocatoria deberá ser enviada a: empl-vp-2016-003@ec.europa.eu

Comentarios

As solicitudes deberán presentarse electronicamente e en papel. A aplicación electrónica SWIM permanecerá aberta ata a medianoite do día 17 de xuño de 2016 e a copia en papel deberá presentar a data estampada e ser enviada por correo express á dirección:
European Commission Call for proposals VP/2016/003 – DG EMPL.B.2 J-27 – 03/58 B-1049 Bruxelles - BELGIUM

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante