Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións para impulsar a demanda e a oferta do mercado de financiamento para as empresas sociais - VP/2016/007

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria de propostas é contribuír ao desenvolvemento dun mercado das financiamento social ao permitir que máis empresas sociais asuman fondos reembolsables para o desenvolvemento e a ampliación do seu modelo de negocio innovador.

Obxectivo específico da convocatoria

O apoio diríxese a:
Impulsar a oferta de financiamento social a través do fortalecemento da capacidade institucional e dos actores comprometidos, e
A xeración de demanda efectiva entre as empresas sociais do financiamento, desenvolvendo a súa ”preparación para o investimento”.

Eidos de actuación

Co fin de ter en conta a variedade de situacións do mercado de financiamento social, a convocatoria ofrece varias liñas:
Capítulo A: Establecemento de asociacións de financiamento social
Capítulo B: Establecemento de instrumentos e mecanismos de financiamento social
Capítulo C: Facilitar o financiamento híbrido para as empresas sociais
Capítulo D: Desenvolvemento de apoio á preparación para o investimento das empresas sociais
Capítulo E: Creación dunha plataforma a nivel europeo para reforzar a capacidade das organizacións de apoio ás empresas sociais.

Destinatarios

Entidades públicas ou privadas establecidas legalemente e rexistradas nalgún dos países participantes en EaSI.

Socios

-Para proxectos enmarcados dentro dos capítulos A, B e C: polo menos dous socios.
-Para proxectos enmarcados dentro do capítulos D é aconsellable implicar a potenciais investidores no consorcio.
-Para proxectos enmarcados dentro do capítulo E: polo menos 4 socios. É dicir, o consorcio debe estar composto por membros de polo menos 5 Estados Membro da UE.

Financiamento

Capítulo A: 85.000 euros.
Capítulo B: 130.000 euros
Capítulo C: 130.000 euros
Capítulo D: 100.000 euros
Capítulo E: 150.000 euros
A porcentaxe de cofinanciación non excederá do 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

2,15 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración indicativa do proxecto debería ser entre 15 meses e 18 meses.

Data de publicación

13/04/2016

Data límite de solicitude

13/06/2016

Documentación

Contacto

As cuestións relativas a esta convocatoria deberán de ser enviadas preferiblemente en inglés a: empl-vp-2016-007@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deberán presentar as solicitudes tanto telematicamente como en papel antes da data límite.
A entrega da solicitude en papel deberá ser recibida pola Comisión Europea antes das 16.00 horas do día 13 de xuño de 2016.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante