Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Soporte para o Diálogo Social VP/2016/001

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Medidas e iniciativas relacionadas coa adaptación de diálogos sociais cos cambios no emprego e os problemas relacionados co traballo, a calidade do traballo, anticipación, creación de emprego e a procura de traballo, entre outros.

Obxectivo específico da convocatoria

- Fortalecemento da participación dos socios no eido social no semestre europeo e a mellora da súa contribución á formulación de políticas da UE;


- Crear e reforzar a capacidade de participación de socios no diálogo social nacional e contribuír ao diálogo social europeo, particularmente naqueles Estados membros onde o diálogo social está pouco desenvolvido.


Eidos de actuación

Serán financiadas todas aquelas medidas que fomenten o diálogo social na Unión Europea, tales como:


- Medidas dos socios do eido social que contribúen ao emprego e dimensións económicas da Estratexia Europa 2020, incluída a vixilancia e análise do seu impacto nos mercados de traballo;


- Medidas para mellorar a coordinación, funcionamento e eficacia do diálogo social europeo;


- Medidas para aplicar os programas de traballo dos membros sociais do partenariado europeo (organización de mesas redondas, intercambios de experiencias e redes de actores clave);

Destinatarios

Persoa xurídica legalmente establecida.

Socios

O socio líder, debe ser unha organización de interlocutores sociais a nivel europeo, nacional ou rexional con oficina rexistrada nun dos Estados membros da UE, mentres que os coparticipantes, deberán ter a súa oficina establecida en calquera dos países membro ou dos candidatos.


Financiamento

Financiarase o 90% do proxecto, cun tope máximo de 500.000 Euros.

Orzamento total da convocatoria

9.300.000 Euros


Duración do proxecto

24 meses a partir da firma do convenio entre as partes

Data de publicación

15/04/2016

Data límite de solicitude

30/06/2016

Documentación

Contacto

Para calquera dúbida, deberase realizar unha comunicación electrónica a través do email: empl-vp-social-dialogue@ec.europa.eu


Para problemas técnicos: empl-swim-support@ec.europa.eu

Comentarios

A comisión resérvase o dereito de non distribuír o total do orzamento.


As medidas que teñen como obxectivo principal mellorar a experiencia no campo das relacións laborais, mediante a análise e a investigación e promovendo o intercambio de información e experiencias entre os actores pertinentes , non están cubertos pola presente convocatoria de propostas . Este tipo de accións financiaranse en virtude dunha chamada independente de propostas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante