Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Intercambio de información e difusión de actividades para mozos no marco da Garantía Xuvenil - VP/2016/008

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Facilitar o intercambio de información de maneira efectiva e inclusiva, a aprendizaxe mutua e o diálogo para así eliminar os obstáculos existentes para a correcta implementación da Garantía Xuvenil.

Obxectivo específico da convocatoria

1. Informar mellor e involucrar aos grupos de interese de Garantía Xuvenil na aplicación de partenariados para ela posta en marcha de Garantía xuvenil .
2. Informar mellor aos mozos sobre Garantía Xuvenil, involucralos e chegar a eles co obxectivo de introducilos no servizo de Garantía Xuvenil.

Eidos de actuación

- Creación e mellora de redes, de mecanismos de cooperación e intercambio de boas prácticas entre a provisión da Garantía Xuvenil e a gobernanza dos grupos de interese.
- Conferencias e seminarios.
- Actividades de formación.
- Compromiso, intercambio de información e posta en marcha de actividades de comunicación relativas á Garantía Xuvenil.

Destinatarios

Autoridades públicas relevantes encargadas do establecemento e a xestión do esquema nacional de Garantía Xuvenil ou entidades (públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro) que fosen nomeadas polas autoridades anteriores para implementar actividades incluídas nesta convocatoria.

Socios

Poden presentarse propostas por un só solicitante ou por un consorcio de socios.

Financiamento

A subvención da UE non excederá do 80% do total dos custos elixibles desta acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 1.650.000 euros. A Comisión espera cofinanciar aproximadamente cinco propostas, cun máximo dunha por Estado Membro.


Duración do proxecto

A duración do proxecto indicativa é de entre 6 e 18 meses.

Data de publicación

08/04/2016

Data límite de solicitude

30/06/2016

Documentación

Contacto

Todas as cuestións relativas a esta convocatoria deberán enviarse ao seguinte correo electrónico: empl-vp-2016-008@ec.europa.eu en inglés.

Comentarios

As solicitudes deben presentarse mediante o sistema electrónico dispoñible en https://webgate.ec.europa.eu/swim , e enviando unha solicitude en papel, asinada e cos seus anexos por correo postal certificado a European Commission Call for proposals VP/2016/008 – DG EMPL.B1 Rue Joseph II 27 – 03/38 B-1049 Bruxelles - BELGIUM



As solicitudes deberán presentarse en inglés para facilitar a súa rápida avaliación.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante