Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

As medidas de información e formación para os sindicatos-VP/2016/002

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Promover medias e iniciativas para fortalecer a capacidade dos sindicatos, para facer fronte na UE/nivel transnacional, cambios no emprego e retos no traballo relacionados co dialogo social, como: Modernización do mercado de traballo, creación de emprego, procura de traballo...etc.

Obxectivo específico da convocatoria

Faise fincapé no fortalecemento da participación dos interlocutores sociais no Semestre Europeo e a mellora da súa contribución á formulación de políticas da UE.

Eidos de actuación

Esta convocatoria actuará dentro das seguintes actividades:
Conferencias, seminarios, mesas de estudos, investigacións, publicacións, cursos de formación, ferramentas de formación, creación de redes e o desenvolvemento e intercambio de prácticas.

Destinatarios

O solicitante principal debe ser unha organización social en representación dos traballadores a nivel europeo, nacional ou rexional ;
O solicitante principal debe ter o seu domicilio social nun dos Estados membros da Unión Europea;
Co-solicitantes deben ter o seu domicilio social nun dos Estados membros ou dalgún país candidato.
Os solicitantes deben estar debidamente constituídos e inscritos como persoas xurídicas .
En aplicación do artigo 131 do Regulamento financeiro , as organizacións de traballadores sen personalidade xurídica tamén serán elixibles se, as condicións do Regulamento financeiro relacionadas cos mesmos cúmprense.

Socios

Para ser elixibles, as accións deben:

Contar coa participación dos solicitantes, entidades afiliadas ou organizacións asociados de máis dun Estado membro e/ou un país candidato no caso das propostas que non estean presentadas por unha organización de traballadores a nivel europeo.
Ter unha participación xenuína , é dicir, como co-solicitante ou organización asociada, a partir dunha organización social a nivel europeo se a proposta é presentada a nivel nacional ou rexional por unha organización de traballadores.
Estar completamente levada a cabo nos Estados membros da Unión Europea ou algún país candidato.

Financiamento

Non financiará máis do 90% dos custos.

Orzamento total da convocatoria

4.050.000 €

Duración do proxecto

24 meses.

Data de publicación

01/04/2016

Data límite de solicitude

26/05/2016

Documentación

Contacto

Consultas: empl-vp-info-training@ec.europa.eu>empl-vp-info-training@ec.europa.eu

FAQ: http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=629&langId=en&callId=478

Cambios: empl-vp-info-training@ec.europa.eu>empl-vp-info-training@ec.europa.eu

Dirección postal: European Commission Call for proposals VP/2016/002 DG EMPL/A.2, J-54 – 01/004 B-1049 Brussels Belgium

Dirección de entrega de los documentos (en mano): European Commission Central Mail Service16 Call for proposals VP/2016/002 – DG EMPL/A.2 Avenue du Bourget 1 B-1140 Evere Belgium.

Comentarios

Condicións, documentos necesarios, criterios de elixibilidade están incluídos no texto da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante