Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Proposta de apoio a proxectos nacionais dunha Tarxeta Europea da Discapacidade mutuamente recoñecida e vantaxes asociadas (VP/2015/012)

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Apoiar a creación dunha tarxeta que permita o recoñecemento mutuo das discapacidades nos Estados membros. A tarxeta permitirá que os nacionais dos Estados membros participantes con discapacidade que se atopen noutro Estado membro, tamén participante no proxecto, poidan certificar que teñen unha discapacidade recoñecida no seu Estado de orixe.

Obxectivo específico da convocatoria

- Establecer ou reforzar as Organizacións Nacionais da Tarxeta Europea da Discapacidade (ONTED), que poden ser entidades gobernamentais ou non gobernamentais. As súas tarefas principais serán:
a) Emitir a tarxeta.
b) Manterse en contacto cos provedores dos servizos relativos ás vantaxes que proporciona.

- Establecer o paquete nacional de vantaxes correspondente que os Estados membros están dispostos a mutualizar, así como levar a cabo as medidas necesarias para facelo posible.

Eidos de actuación

- Organización ou reforzo das ONTED, incluíndo o reforzo dos recursos humanos (como a contratación de persoal adicional) e/ou dos recursos materiais (como a adquisición do equipamento e do software necesario).

- Emisión da Tarxeta Europea da Discapacidade (usando o deseño común), produción, impresión e establecemento de medidas contra o fraude.

- Recollida de datos e creación dunha lista das vantaxes que proporciona, por exemplo, a través dunha base de datos.

- Realizar unha campaña de información e publicidade dirixida tanto aos usuarios como aos provedores.

- Crear unha web nacional con información clara, tamén en formato accesible, sobre as entidades responsables e as vantaxes que proporciona e que inclúa o enlace á páxina da UE.

Destinatarios

Organismo público ou organización sen ánimo de lucro designada oficialmente por escrito pola autoridade nacional competente.

Socios

Os solicitantes (o solicitante único ou, no caso dun consorcio, o solicitante principal e os co-solicitantes) deben ser persoas xurídicas legalmente constituídas e rexistradas e ter o seu domicilio social nun dos Estados membros que participan no Grupo de Traballo do Proxecto de desenvolvemento da Tarxeta Europea da Discapacidade (Bélxica, Bulgaria, Chipre, Estonia, Finlandia, Francia, Alemaña, Grecia, Hungría, Italia, Malta, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia e España).

Financiamento

A contribución da UE non pode superar o 80% dos custos totais subvencionables da acción. O solicitante debe garantir o co-financiamento do 20% restante, que debe cubrirse con fondos que non proveñan do orzamento da UE. A contribución solicitada á UE non pode ser inferior a 75.000€.

Orzamento total da convocatoria

1.550.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima das actividades debe ser de 18 meses.

Data de publicación

10/07/2015

Data límite de solicitude

30/09/2015

Documentación

Contacto

As peticións de información adicional deben facerse unicamente por correo electrónico, indicando a referencia VP/2015/012, a:
empl-vp-2015-012@ec.europa.eu
empl-swim-support@ec.europa.eu (para problemas técnicos)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante