Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EaSI PROGRESS: Intercambio de información e actividades de difusión sobre ofertas de Garantía Xuvenil para xóvenes. (VP/2015/005)

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Unha das prioridades da Comisión para o período 2014-2020 é o de impulsar o emprego, o crecemento e o investimento para o que é necesario acelerar a implementación do esquema de Garantía Xuvenil. Xunto con isto, un dos obxectivos do eixo EaSI PROGRESS é facilitar o intercambio de información efectivo e inclusivo, a aprendizaxe mutua e o diálogo. Con tal fin, o obxectivo principal é o de eliminar obstáculos á implementación do programa Garantía Xuvenil.

Obxectivo específico da convocatoria

Obxectivos específicos:


  • Para informar ou participar mellor nas provisións e goberno das partes interesadas de Garantía Xuvenil, a través da promoción dunha comunicación e cooperación bidireccional nos Estados Membros e aumentando o rol que estes poden asumir.


  • Informar mellor os mozos sobre Garantía Xuvenil, mellorar o seu alcance e facelos participar nel, co obxectivo de atraelos ao servizo de Garantía Xuvenil.

Eidos de actuación

Requírese que cada organización/institución fixe os seus propios obxectivos avaliables e que desenvolva actividades de difusión e comunicación adaptadas ás circunstancias do seu Estado Membro.


Actividades elixibles:


•Unha actividade elixible é a estratexia de deseño e seguimento das tarefas de difusión e intercambio de información.


•Entre as accións de difusión e intercambio de información inclúense:


  • Desenvolvemento e mantemento dunha plataforma virtual dedicada ao esquema de Garantía Xuvenil que proporcione actualizacións sobre o estado de implementación do programa e oportunidades para mozos. Aqueles solicitantes cuxos Estados non dispoñan desta plataforma, deberán incluílo na súa proposta.


  • Identificación, documentación e difusión de, polo menos, 5 casos de estudos ou testemuños de historias de éxito de persoas que se beneficiasen do programa de Garantía Xuvenil, idealmente deberían cubrir diferentes ofertas. Aqueles solicitantes cuxos Estados non dispoñan desta plataforma, deberán incluílo na súa proposta.


  • Desenvolvemento e uso de portais de medios propios xa existentes.


  • Comunicación en redes sociais.


  • Medios publicitarios e ambientais.


  • Relacións coa prensa e os medios.


  • Distribución de información e materiais a través de redes existentes en contacto con mozos, como Eurodesk.


  • Difusión entre colegas.


  • Eventos, demostracións na rúa e visitas e actividades en centros xuvenís.

Socios

Para ser elixibles, os socios deben cumprir os seguintes requisitos:


  • Ser entidades legais debidamente constituídas nun Estado Membro da UE.


  • Ser unha autoridade pública encargada de establecer e manexar o esquema de Garantía Xuvenil, identificada pola Recomendación do Consello que establece Garantía Xuvenil (2013/C 120/01), ou ser unha entidade (pública, privada, non lucrativa, organización internacional, etc.) designada de forma clara e demostrada polas entidades públicas anteriormente mencionadas.


As propostas poden incluír co-solicitante. En tal caso, estes deben:


  • Ser entidades legais debidamente constituídas nun Estado Membro da UE ou outro estado participante en EaSI-PROGRESS.


  • Especificar o rol e o valor engadido que achega a entidade.


Aquelas entidades que teñan un vínculo legal ou capital cos solicitantes, que non se limita a unha acción nin establecida na soa implementación, poden participar nas accións como entidades afiliadas, podendo declarar custos elixibles.

Financiamento

400.000 por proxecto. A Comisión prevee 5 proxectos, máximo 1 por Estado. A contribución non pode exceder o 80% dos custos totais elixibles. Polo tanto, o 20% debe estar cofinanciada por fondos non europeos.

Orzamento total da convocatoria

2 millóns de euros.

Duración do proxecto

Entre 6 y 18 meses.

Data límite de solicitude

14/08/2015

Documentación

Contacto

Para más información:
empl-vp-2015-005@ec.europa.eu
indicando la referencia VP/2015/005
Para una mayor agilidad, se recomienda enviar las preguntas en inglés

Para problemas técnicos:
E-mail: empl-swim-support@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante