Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións de información, consulta e participación dos representantes das empresas. Convocatoria VP/2015/003

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é financiar operacións co obxectivo de desenvolver a participación do empregado en proxectos -entendéndose por calquera mecanismo, incluíndo información, consulta e participación; a través dos que os representantes dos empregados poidan exercer a influencia nas decisións tomadas dentro da compañía- en particular concienciando e contribuíndo á aplicación do dereito da UE nesta área.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Promover accións designadas para preparar a creación de información transnacional, organismos e mecanismos de consulta e participación que xorden da aplicación do dereito da UE sobre a participación do empregado.



  • Promover o intercambio de información e boas prácticas dirixidas a crear condicións favorables para o establecemento de información nacional, organismos e mecanismos de consulta e participación que xorden da aplicación do dereito da UE sobre a participación do empleado.



  • Promover accións dirixidas a familiarizar os actores sociais a nivel da empresa co contido do dereito europeo en materia de participación transnacional do empregado para facilitar o exercicio dos seus dereitos e obrigas neste ámbito.



  • Promover iniciativas para fortalecer a cooperación transnacional entre representantes de traballadores e empregadores con respecto á información, consulta e participación dos empregados dentro das empresas que operan en máis dun Estado Membro.



  • Promover accións transnacionais que impliquen representantes de novos Estados Membros e de Países Candidatos que en ámbito da participación do empregado.



  • Promover accións destinadas a familiarizar os actores representados a nivel empresa con acordos transnacionais entre empresas e para fortalecer a súa cooperación dentro da Unión Europea.



  • Promover operacións que promovan o desenvolvemento da participación do empregado en proxectos (tomando en consideración tamén necesidades específicas de empregados con minusvalideces), así como facer o seguimento aos achados do ”Fitness Check” sobre as accións da UE na área de Información e Consulta aos Trabajadores.



  • Promover accións innovadoras relacionadas coa participación do empregado, coa vista posta no apoio á anticipación de cambios e na prevención e resolución de disputas no contexto de reestruturación de corporacións, fusións, adquisicións e relocalización a escala europea entre representantes e grupos de representantes.



  • Fortalecer a cooperación entre socios para o desenvolvemento da participación do empregado no deseño de solucións que afronten as consecuencias da crise económica, como despedimentos colectivos, ou a necesidade dun cambio cara a unha economía inclusiva, sostible e de baixas emisións.



  • Desenvolver coñecemento experto ao longo dos Estados Membros, promovendo a cooperación entre autoridades relevantes e partes interesadas e fomentando as relacións coas institucións da unión para apoiar a implementación e mellorar a efectividade do dereito europeo sobre a participación do empregado.

Destinatarios

Os participantes nos proxectos deben ser representantes de obreiros ou empregadores de Estados Membros ou Países Candidatos.

Socios

Criterios de elexibilidade:



Os socios deberán ser persoas xurídicas debidamente acreditadas, tendo a súa sede nun Estado Membro. Organizacións de axentes sociais, sen personalidade xurídica segundo a lexislación nacional, son tamén elixibles se cumpren as condicións de regulación financeira aplicables.



Representantes de traballadores e empregadores con sede nun Estado Membro, como:



  1. Para traballadores: Os solicitantes poden ser consellos laborais ou organismos similares que garantan a representación xeral dos obreiros; sindicatos rexionais, nacionais, europeos, sectoriais ou multisectoriais con sede nun Estado Membro da UE.



  2. Para empregadores: Os solicitantes pode ser dirección de empresas, organizacións que representan empregadores a nivel rexional, nacional, europeo, sectorial ou multisectorial que teñan sede nun dos Estados Membros. En caso de proxectos comerciais, o obxectivo do proxecto de ser non comercial.



    • A modo de excepción, os solicitantes poden ser tamén organismos técnicos, como organismos de formación ou investigación non lucrativos e compañías comerciais só se o obxectivo do proxecto é non comercial. Os xa citados organismos técnicos e empresas comerciais serán elixibles só se contan con mandato expreso dunha das organizacións elixibles que representen a traballadores ou empregadores de Estados Miembros e cunha carta de apoyo.



    • Los co-solicitantes deben ter a súa sede rexistrada nun Estado Membro ou candidato.



Para fortalecer a cooperación entre representantes de traballadores e empregadores con respecto á información, consulta e participación dentro das empresas que operan en máis dun Estado Membro, os proxectos nos que só participen un órgano de información ou consulta deben ser presentados como proxectos conxuntos entre representantes de traballadores e empregadores.



Cuando circunstancias particulares non permitan a presentación do proxecto de xeito conxunto, deberanse especificar as razóns.

Financiamento

Os fondos achegados pola UE non representarán máis do 90% do proxecto, asumindo o/os solicitantes o 10% restante. En calquera caso, a cantidade mínima solicitada para o proxecto é de 108.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

7.116.000 euros

Duración do proxecto

A duración do proxecto pode ser de ata 24 meses. Os solicitantes deben prestar especial atención ao desenvolvemento dun calendario realista para o proxecto.

Data límite de solicitude

22/06/2015

Documentación

Contacto

DG EMPL/B.2 ARCHIVE –Convocatoria de propostas VP/2015/003
Comisión Europea
Rue Joseph II, 54 B
1049 Bruselas (Bélgica)
EMPL-VP-2015-003@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante