Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

O teu primeiro emprego EURES- VP/2015/006

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Financiar consorcios que realicen actividades que axuden aos mozos entre 18 e 35 anos a encontrar un traballo ou prácticas nun país distinto ao da súa residencia.

Obxectivo específico da convocatoria

Entre os obxectivos da convocatoria están:



1. Fomentar o exercicio da libre mobilidade tal e como se especifica no TFUE art.º 45



2. Contribuír a:



  • Encher vacantes difíciles con man de obra nova a nivel Europeo e de países da AELC/AEE



  • Incrementar os servizos de busca e colocación de emprego transfronteirizos de aprendices e persoal en prácticas como un elemento fundamental no tránsito da educación ao mundo laboral.



  • Abordar obstáculos para a mobilidade laboral.



3. Para avaliar formas innovadoras para mellorar a integración de novos candidatos no país de acollida, en particular para iniciar o desenvolvemento dunha ”cultura de benvida/integración”.

Destinatarios

As organizacións deben ser:



  • Entidades legais debidamente constituídas e rexistradas en Estados Membros ou países AELC/AEE.



  • A organización líder debe ser unha oficina nacional de coordinación EURES situada en organizacións cuxa principal misión é garantir a provisión servizos de colocación a demandantes e oferentes de emprego e prácticas.



  • O resto de organizacións deben ser organizacións membros de EURES, actores públicos ou privados do mercado laboral (incluíndo o terceiro sector) e proporcionar os mesmos servizos.

Socios

O proxecto deberá ser levado a cabo por un consorcio cunha ampla cobertura xeográfica. Deste xeito, o consorcio estará composto por 7 organizacións de 7 países distintos, das cales 5 deben ser organizacións EURES e as outras 2 poden non o ser. Deberán garantir que o recrutamento, a busca e os servizos de colocación de emprego se realizará polo menos nos países de cada organización.

Financiamento

A contribución da UE será dun 95% dos custos elixibles. As axudas non están pensada para cubrir gastos de funcionamento, senón para a realización de actividades.

Orzamento total da convocatoria

8.418.385 euros

Duración do proxecto

A duración do proxecto non pode ser superior os 24 meses.

Data de publicación

31/03/2015

Data límite de solicitude

26/06/2015

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión
Unidad C.3- Mobilidade e Servicios de Emprego
Call for proposals VP/2015/006 – ”Your first EURES job” – Targeted
mobility scheme
B-1049 Brussels (Belgium)

Comisión Europea
DG Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión
Unidad C.3- Mobilidade e Servicios de emprego
Call for proposals VP/2015/006 - ”Your first EURES job” – Targeted
movility scheme
Central Courier Service
Avenue du Bourget, 1
1140 Evere (Belgium)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante