Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria para promover a contribución dos aforros privados para a adecuación das pensións – VP/2014/14

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é apoiar a cooperación transfronteiriza de provedores de servizos financeiros e pensións, así como das partes interesadas pertinentes, con miras a elevar a calidade dos plans de pensión complementarios e a súa contribución para garantir ingresos na xubilación.

Eidos de actuación

A presente convocatoria prevé apoiar dúas liñas de traballo:

• Proxectos destinados a desenvolver unha etiqueta voluntaria de calidade para os plans de pensións profesionais. O selo de calidade voluntario debe ser desenvolvido e xestionado polas organizacións das partes interesadas ou as súas asociacións.

• Uno ou dous proxectos pilotos transnacionais na conversión do plan de pensións e outros activos(en particular de vivenda) en xubilación segura baseado nos fluxos de ingresos. O proxecto(s) poderá tanto concentrarse en produtos de conversión de activos, ou no deseño de plans de pensións baseados en fluxos de ingresos de xubilación. O proxecto(s) debe basearse en experiencia xa existente e estudos anteriores. A atención debería centrarse na identificación de requisitos técnicos e propor solucións probadas.

Destinatarios

Esta convocatoria está aberta a consorcios internacionais que consten dun solicitante principal e co-solicitantes. O solicitante principal debe ser unha organización sen ánimo de lucro activa no eido das pensións privadas ou no dos servizos financeiros para os fondos de pensións. Os co-solicitantes poden ser calquera tipo de organización sen ánimo de lucro, así como organizacións internacionais. Todos as entidades deben estar debidamente constituídas e ser persoas xurídicas inscritas, establecidas nos países participantes do programa EaSI-PROGRESS.

Socios

O consorcio debe estar formado como mínimo por cinco países distintos participantes do programa EaSI-PROGRESS.

Financiamento

Espérase financiar dous ou tres proxectos. Esta subvención basease no principio de cofinanciamento: a subvención non poderá superar o 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1.000.000 de euros.

Duración do proxecto

Duración inicial de 24 meses como máximo.

Data de publicación

14/10/2014

Data límite de solicitude

23/12/2014

Documentación

Contacto

• Correo electrónico: empl-vp-2014-014@ec.europa.eu

• Correo electrónico: empl-swim-support@ec.europa.eu (problemas técnicos)

Comentarios

O procedemento para presentar as solicitudes establécese no punto 14 do anexo ”Financial Guidelines for Applicants”. Este atópase na páxina da convocatoria. O manual de usuario SWIM atópase no seguinte enlace:

http://ec.europa.eu/employment_social/calls/pdf/swim_manual_en.pdf

Unha vez que o formulario de solicitude estea cumplimentado, os solicitantes deben presentala tanto en forma electrónica como impresa. A copia impresa debe estar debidamente firmada e enviada por triplicado (unha marcada como ”orixinal” e dous marcadas como ”copia”), incluíndo todos os documentos pertinentes á seguinte dirección:

European Commission
Call for proposals VP/2014/014 – DG EMPL.D.3
Rue Joseph II 27 – 01/244
B-1049 Bruxelles

A solicitude debe ser enviada por correo certificado ou por servizo de correo urxente. A proba de envío (é dicir, a data do selo de correos ou a recepción de correo urxente) debe ser conservada xa que podería ser solicitada pola Comisión. As solicitudes deben ser recibidas pola Comisión Europea antes das 16:00 no último día para a presentación na seguinte dirección:

European Commission
Service central de réception du courrier
Call for proposals VP/2014/014 – DG EMPL.D.3
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evére

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante