Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2014/011 - Convocatoria de asociación e apoio transfronteirizos á cooperación en materia de mobilidade dentro da UE para os interlocutores sociais e os países do EEE

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais da convocatoria son fomentar a mobilidade xeográfica dos traballadores para aumentar as oportunidades de emprego, así como apoiar a aplicación da reforma de EURES.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria consta de tres capítulos en liña co programa de traballo anual para as subvencións e adquisicións para EaSi:
- O primeiro capítulo tratará de apoiar as alianzas transfronteirizas para levar a cabo os obxectivos de EURES;
- O segundo capítulo tratará de apoiar unha maior cooperación dos membros de EURES cos interlocutores sociais;
- O terceiro capítulo tratará de facilitar a mobilidade laboral entre a Unión Europea e os países do EEE, así como apoiar o funcionamento da rede EURES nos países do EEE.

Eidos de actuación

As solicitudes estarán dedicadas a un dos seguintes capítulos:
Capítulo 1: ”Asociacións transfronteirizas”
Capítulo 2: ”Apoio á cooperación cos interlocutores sociais sobre a mobilidade laboral dentro da UE”
Capítulo 3: ”Apoio á cooperación en materia de mobilidade dentro da UE nos países do EEE”

Destinatarios

Requisitos:
- O solicitante debe ser unha persoa xurídica legalmente constituída e rexistrada nun Estado membro da UE ou do EEE;
- Debe responder ás esixencias previstas no Regulamento da UE nº 492/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 5 de abril de 2011 relativo á libre circulación de traballadores no interior da UE;
- En aplicación do artigo 131 do regulamento financeiro, as organizacións de interlocutores sociais desprovistos de personalidade xurídica tamén poden participar na convocatoria mentres cumpran as condicións do regulamento financeiro aplicables ao respecto.
- Para o capítulo 1, os solicitantes principais deberán ser servizos públicos de emprego dalgún Estado membro da UE ou do EEE (oficinas de coordinación, servizos públicos de emprego, …)
- Para o capítulo 2, os solicitantes deben ser organizacións de interlocutores sociais a escala europea;
- Para o 3, serán solicitantes admisibles os servizos públicos de emprego procedentes dos países do EEE

Financiamento

Para o capítulo 1: “Asociacións transfronteirizas”: 3.862.355 euros.
Para o capítulo 2: ”Apoio á cooperación cos interlocutores sociais sobre a mobilidade laboral dentro da UE”: 250.000 euros.
Para o capítulo 3: ”Apoio á cooperación en materia de mobilidade dentro da UE nos países do EEE”: 400.000 euros.
O poder adxudicador resérvase o dereito de non distribuír todos os fondos dispoñibles.

Orzamento total da convocatoria

4,51 millóns de euros

Duración do proxecto

A duración estimada do proxecto é de 12 meses (todo o ano 2015). Non será posible comprometer gastos a partir do 31 de decembro de 2015.

Data de publicación

18/07/2014

Data límite de solicitude

20/10/2014

Documentación

Contacto

European Commission – DG EMPL/C3
J-27 05/051
B-1049 Brussels
Belgium
EMPL-VP-2014-011@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante