Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para o apoio ás reformas de protección social EaSI - VP/2014/006

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Os diferentes sistemas de protección social varían de forma significativa en toda Europa en canto ao nivel de protección, a composición e o tipo de gasto, as fontes de financiamento e os resultados que se alcancen. Esta gama de sistemas asóciase con resultados sociais e económicos heteroxéneos ao conxunto dos Estados membros, e a diversidade que supón representa ao mesmo tempo unha fonte importante de coñecemento e aprendizaxe mutua.

O propósito desta convocatoria é apoiar aos Estados membros para que revisen diversos aspectos dos sistemas de protección social co obxectivo de identificar medidas para mellorar a relación custo-efectividade, todo incluíndo o reforzo da orientación do sistema en canto a investimento social. O investimento social defínese como o reforzo das capacidades presentes e futuras das persoas, especialmente en termos de formación de capital humano e de oportunidades de emprego.

As subvencións neste sentido contribuirán a levar a cabo reformas que ofrezan unha protección social universal axeitada co menor custo orzamentario posible e o maior impacto positivo posible sobre o emprego e o crecemento, facendo polo tanto uns esquemas máis sostibles baixo circunstancias adversas en canto ás condicións orzamentarias e demográficas.

En suma, espérase que os proxectos contribúan a xerar coñecemento e base científica que axude a conducir reformas nos programas nacionais.

Obxectivo específico da convocatoria

As subvencións concedidas con esta convocatoria permitirán aos Estados Membros acceder ao coñecemento e a experiencia doutros países e organismos internacionais, ou obter probas empíricas necesarias para realizar comparacións a nivel internacional e para a aprendizaxe mutua.

Eidos de actuación

Concretamente, as subvencións pódense aproveitar para:

• a avaliación da estrutura xeral das políticas sociais, incluíndo a asignación de recursos e os conseguintes axustes entre as diferentes áreas de protección social;
• a avaliación de estratexias para reformar o gasto ou o financiamento da protección social, con especial atención ao impacto das reformas na cobertura, adecuación, gasto público, efectos distributivos e incentivos de conduta;
• intercambio de boas prácticas e experiencias de reformas anteriores;
• obtención e análise de datos que serven como base para realizar comparacións a escala internacional, necesarias para a aprendizaxe mutua e o deseño de políticas con base científica.

En calquera caso, os proxectos deben basearse nas experiencias e capacidades dispoñibles no país beneficiario da subvención, así como contribuír a estas. Pódense financiar, por exemplo:

• revisións nacionais por parte de organismos internacionais;
• comisións de servizo de asesores políticos doutro país;
• recibir e facer visitas de estudo a países con experiencias relevantes;
• achega de probas empíricas necesarias para realizar comparacións a nivel internacional e a aprendizaxe mutua.

Destinatarios

O solicitante coordinador debe ser unha administración pública competente ou unha axencia estatal autorizada a implementar a acción. O resto de solicitantes, en caso de haber, poden ser entidades sen ánimo de lucro de calquera tipo.

Financiamento

A contribución económica da Comisión Europea non pode superar o 80% dos custos totais elixibles do proxecto. Espérase financiar con esta convocatoria ao redor de 10 proxectos.

Orzamento total da convocatoria

O presuposto total indicativo dispoñible para esta convocatoria é de 2.500.000 euros.

Duración do proxecto

A duración do proxecto non debería exceder os 24 meses.

Data de publicación

31/08/2014

Data límite de solicitude

31/10/2014

Documentación

Contacto

As preguntas e dúbidas sobre a convocatoria enviaranse, indicando a referencia VP/2014/006, á seguinte dirección de correo electrónico:

empl-vp-2014-006@ec.europa.eu>empl-vp-2014-006@ec.europa.eu

Puntos de contacto:

- E-mail: empl-vp-2014-006@ec.europa.eu>empl-vp-2014-006@ec.europa.eu
- E-mail: empl-swim-support@ec.europa.eu (para problemas técnicos)

Comentarios

As propostas presentaranse de xeito electrónico mediante a aplicación en liña SWIM:

https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do

Ademais, tamén se remitirán unha copia en papel á seguinte dirección postal:

a) Por correo certificado ou por servizo de mensaxería urxente:

Comisión Europea
DG Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión
Unit D3 (J-27 01/242): Call for proposals VP/2013/013
B-1049 Bruxelas, Bélxica

b) Entrega en man:

Comisión Europea
Unit D3 - Call for proposals VP/2014/006
Central courier service
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evere, Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante