Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

VP/2014/013 - ”O teu primeiro traballo EURES” (“Your First EURES Job”)

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

A presente convocatoria está dirixida a seleccionar e financiar proxectos englobados dentro do “Targeted Mobility Scheme” – O teu primeiro traballo EURES, que serán levados a cabo pola rede EURES.

A Comisión está a abordar na súa Estratexia Europa 2020 os retos de enfrontarse á recuperación da UE, e a xuventude é un dos puntos clave dese reto, para o que se están a desenvolver numerosas medidas e iniciativas. As iniciativas emblemáticas “Xuventude en Movemento”, a “Iniciativa de Oportunidades para a Xuventude” e máis recentemente o “Paquete de Emprego para a Xuventude” presentan accións clave para fomentar unha transición cara á participación da xuventude no mercado laboral. Unha destas accións é apoiar a mobilidade laboral dos mozos dentro das fronteiras da UE a través dun esquema de mobilidade enfocado aos mozos e chamado “O teu primeiro traballo EURES”.

Obxectivo específico da convocatoria

TPTE ten como obxectivos:
- fomentar o exercicio da liberdade de movemento laboral, tal e como se especifica no Tratado sobre o funcionamento da UE (TFUE, art. 45);
- contribuír a cubrir postos vacantes con mano de obra xove e dispoñible a nivel comunitario e da AELC;
- contribuír ao desenvolvemento de servizos exhaustivos de apoio á mobilidade na UE/AELC e realzar a calidade dos servizos ofrecidos aos empregadores que queiran contratar a traballadores doutros Estados membros da UE;
- contribuír ao desenvolvemento de servizos de correlacións entre ofertas, demandas e postos vacantes transfronteirizos para traballadores en prácticas como elemento crítico para axudar á transición da vida estudantil á laboral;
- probar formas innovadoras de mellorar a integración dos mozos candidatos á mobilidade no país de destino, e en particular incentivar o desenvolvemento dunha “cultura hospitalaria/integradora”.
O obxectivo final e máis importante desta convocatoria é lograr posicionar polo menos a 1.800 mozos en empregos ou formación baseada no emprego, en Estados membros da UE/AELC distintos do seu país de residencia e durante o tempo que duren os proxectos seleccionados.

Eidos de actuación

Esta convocatoria publícase no contexto da implementación do programa de traballo anual de 2014 para subvencións do programa EaSI, tendo en conta os obxectivos específicos do eixo EURES. Estes obxectivos refírense á información, contratación, correlación de oferta e demanda e servizos de colocación. Os servizos de apoio poden incluír os “targeted mobility schemes”, esquemas de mobilidade enfocados aos mozos, que proban métodos innovadores para levar a cabo a mobilidade do emprego transfronteirizo e abordar as necesidades de certos grupos específicos de mozos, sectores económicos, ocupacións ou países.

Destinatarios

Esta convocatoria céntrase en grupos vulnerables, como o son os mozos.

Socios

Para ser elixibles, as organizacións solicitantes deben ser:
1. Persoas xurídicas debidamente constituídas e rexistradas en:
- os Estados membros da UE
- os Estados membros da AELC

2. Servizos de emprego no sector público, privado ou outras organizacións do mercado de traballo con lucro legal ou sen ánimo de lucro;
3. No caso de ser os solicitantes líderes, deben ser Oficinas de coordinación nacional EURES, que forman parte de organizacións cuxa misión principal é a de garantir a provisión de emprego e servizos de colocación a demandantes de emprego, demandantes de cambio de emprego, candidatos a formación en prácticas e empregadores que cubran traballos ou formacións laborais. Estes servizos deben incluír información, contratación, correlación entre oferta e demanda e apoio post-contratación;
4. Para os cosolicitantes, deben ser organizacións membros de EURES (por exemplo as oficinas de coordinación nacional e socios EURES) e outro tipo de socios do mercado de traballo que ofrezan os mesmos servizos que os solicitantes líderes e/o servizos complementarios orientados ao cliente noutros eidos como a información, a formación, o asesoramento sobre profesións, os consellos legais, o apoio á integración, etc.

Financiamento

O solicitante (líder e cosolicitante) debe ter acceso ao financiamento sólido e axeitado para manter as súas actividades no período da acción e participar no seu financiamento se fose necesario.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para esta convocatoria é de 6.900.000 euros. A contribución financeira da UE non excederá do 95% dos custos totais elixibles das actividades propostas. A Comisión Europea resérvase o dereito a non distribuír todos os fondos dispoñibles se a calidade das solicitudes recibidas non cumpre coas expectativas.

Duración do proxecto

Os proxectos deberían comezar ao día seguinte á data na que as 2 partes asinan o acordo de subvención (“a data de comezo da acción”). A data indicativa para o comezo dos proxectos é febreiro ou marzo de 2015. Todo gasto producido antes do inicio do período de elixibilidade será cuberto polo solicitante e non será tido en conta. A duración inicialmente prevista dos proxectos non poderá ser de máis de 24 meses.

Data de publicación

31/07/2014

Data límite de solicitude

15/10/2014

Documentación

Contacto

empl-VP-2014-013@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante