Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas sobre Consellos europeos de competencias- VP/2014/012

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo global da convocatoria é fomentar novas formas de colaboración entre actores públicos e privados sobre o mercado de traballo (tales como os interlocutores sociais, educadores e formadores, os organismos de información sobre o mercado de traballo, as empresas, incluídas as pemes, as cámaras de comercio, os servizos de emprego públicos e privados) para facer fronte á persistente escaseza de competencias e os desaxustes derivados desta, e polo tanto axudar a frear a brecha entre a oferta e a demanda laboral na UE.

Obxectivo específico da convocatoria

As actividades propostas nos proxectos deben perseguir a consecución dos seguintes obxectivos:

1. Proporcionar unha maior e mellor información das competencias sectoriais, sobre a base da síntese e recompilación das fontes nacionais existentes sobre a evolución do emprego, así como da oferta e a demanda no sector.
2. Contribuír ao desenvolvemento das competencias de goberno a nivel sectorial e das políticas nacionais de competencias, facilitando a creación de capacidades e a aprendizaxe entre pares entre os observatorios nacionais de competencias ou organizacións equivalentes, e mediante a creación dunha plataforma europea de intercambio e desenvolvemento de proxectos conxuntos de competencias sectoriais.

No deseño, execución e presentación de informes sobre a actividade, os beneficiarios deben abordar os obxectivos establecidos polo progama EaSi e será necesario que no informe final de actividades den detalles sobre os pasos e logros realizados para alcanzar estes obxectivos. Entre eles podemos destacar:

-a promoción da igualdade entre mulleres e homes;
-a loita contra a discriminación por motivos de sexo, orixe racial ou étnica, relixión, discapacidade, idade ou orientación sexual;
-a promoción dun emprego de calidade, a garantía dunha axeitada protección social, a loita contra o desemprego a longo prazo, así como a loita contra a pobreza e a exclusión social.

Eidos de actuación

A Comisión apoia a creación de consellos sectoriais europeos sobre emprego e competencias. As actividades cofinanciadas deben estar exclusivamente relacionadas co funcionamento destes consellos.

Os proxectos que se presenten teñen que conter as seguintes accións:

• Redes para o desenvolvemento de competencias:

A creación de redes entre as partes interesadas pode ser organizada mediante a realización de talleres de aprendizaxe inter pares, visitas de estudo estruturadas ou grupos de traballo temáticos sobre temas específicos ou ocupacións no sector. Os consellos europeos sobre competencias poden levar a cabo accións de sensibilización e difusión, incluíndo a creación e a difusión de ferramentas concretas para compartir e difundir o coñecemento (páxinas web, folletos, vídeos, conferencias, seminarios, etc.)

• Primeiro período de actividades (para sectores que aínda non se beneficiaron dun cofinanciamento para xestionar un consello sectorial europeo sobre emprego e competencias).

No primeiro período de funcionamento, os consellos europeos de competencias deberían:

-establecer a infraestrutura do Consello, funcións e responsabilidades,
-identificar e probar mecanismos de cooperación e difusión,
-desenvolver un plan de traballo para os próximos 2-3 anos con resultados concretos,
-sintetizar a información sobre o mercado de traballo dispoñible no sector.

• Segundo e terceiro período de actividades (para sectores que xa se beneficiaron dun cofinanciamento para xestionar un consello sectorial europeo sobre emprego e competencias).

Entre as actividades que deberían desenvolver cabe sinalar as seguintes:

-Expandir o seu número de membros, coa participación de membros procedentes de países non incluídos no primeiro período de funcionamento.
-Actualizar e difundir unha serie de ferramentas de información sobre competencias sectoriais.
-Desenvolver materiais de interese para os demandantes de emprego e para os servizos de emprego informando de xeito accesible sobre as opcións profesionais, a mellora das competencias e as oportunidades de readaptación profesional, así como sobre as posibilidades de mobilidade na UE.

Destinatarios

Os consellos europeos de competencias sectoriais deben abranguer como parte do consorcio, organizacións sectoriais específicas que representen tanto a demanda coma a oferta nos mercados de traballo:

a) actores no eido da demanda laboral e servizos de emprego, por exemplo, organizacións patronais e, en particular representantes de pemes, servizos de emprego, institutos de investigación ou plataformas tecnolóxicas;

b) actores na área da oferta de laboral, por exemplo, sindicatos, educadores e orientadores profesionais (organizacións de desenvolvemento da formación profesional inicial e continua e / ou educación terciaria, autoridades de cualificación, organizacións implicadas no recoñecemento e a acreditación das cualificaciones sectoriais ou perfís profesionais, institutos de investigación).

Socios

O consorcio debe incluír organizacións europeas, así como organizacións nacionais de polo menos 10 Estados membros da UE, de entre os Estados participantes no programa EaSI.

Financiamento

Espérase que as subvencións estean entre o rango de 300.000 euros por proposta seleccionada.

O financiamento da Unión Europea concedida non superará o 80% dos custos subvencionables totais da acción.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 600.000 euros.

Duración do proxecto

As accións deben iniciarse despois da firma dos acordos de subvención. A data indicativa para o inicio dos proxectos é xaneiro de 2015.

Calquera gasto realizado antes do inicio do período de elixibilidade non se terá en conta.

A duración máxima prevista dunha acción é de 18 meses.

Data de publicación

03/07/2014

Data límite de solicitude

03/09/2014

Documentación

Contacto

Comisión Europea – DG EMPL/C3
J-27 05/051
B-1049 Bruxelas
Bélxica

As consultas deben ser enviadas por correo electrónico a:

EMPL-VP-2014-012@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude de subvención cubrirase utilizando o formulario en liña ”SWIM” que se pode atopar na seguinte dirección:

https://webgate.ec.europa.eu/swim/external/displayWelcome.do?lang=en

A presentación debe facerse tanto en formato electrónico coma en papel. A versión en papel debe conter os orixinais asinados.
Non se avaliarán as solicitudes que non conteñan todos os documentos necesarios xa sexa electronicamente ou en papel.

A solicitude en papel enviarase á seguinte dirección:
Call for proposals – VP/2014/012
Comisión Europea– DG EMPL/C3
Jackie Morin
J-27 05/051
BE – 1049 Bruxelas
Bélxica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante