Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas - ONGs inclusión social ou microfinanzas - VP/2014/009

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

Os Acordos Marco de Asociación (Framework Partnership Agreements (FPA)) asináronse a finais do 2013 a raíz da convocatoria de propostas VP/2013/006 para acordos marco. Estes acordos establecen as condicións xerais que regulan as posibles subvencións de funcionamento e abranguen un plan de acción estratéxico cuatrienal proposto por Redes de ONGs a nivel da UE e aceptado pola Comisión Europea.

Os Acordos Marco de Asociación foron concluídos con:

1. Redes europeas activas na promoción da inclusión social e a redución da pobreza, e
2. Redes europeas que traballan na promoción do acceso ao financiamento (as microfinanzas e financiamento de empresas sociais).

A convocatoria refírese a estes dous grupos de redes por separado con respecto á descrición do contexto político, a definición de prioridades e posibles convenios específicos de subvencións de funcionamento.

Eidos de actuación

A convocatoria divídese en dúas áreas de actuación:

Área 1: Redes europeas activas na promoción da inclusión social e a redución da pobreza.

• Prioridade 1 do FPA: Apoiar o desenvolvemento, posta en marcha, seguimento e avaliación das iniciativas levadas a cabo para alcanzar os obxectivos políticos da Estratexia Europa 2020 e, en particular, o paquete de Investimento Social.
• Prioridade 2 da FPA: Apoiar a implicación das partes interesadas no proceso político: as actividades deben estar relacionadas directamente co apoio aos membros nacionais das organizacións na súa participación na execución dos principais procesos políticos impulsados pola UE.
• Prioridade 3 do FPA: Fortalecer a capacidade das redes de ONGs europeas e dos seus membros nacionais, para apoiar a execución das prioridades da UE incluíndo o seu coñecemento dos asuntos relevantes da UE.
• Prioridade 4 do FPA: A subministración de datos e evidencia sólida baseada no desenvolvemento e as tendencias, así como a recompilación de información relevante acerca das preocupacións dos cidadáns e as boas prácticas no campo da política social nos Estados membros, co fin de contribuír a unha mellor toma de decisións.

Área 2: Redes europeas que traballan na promoción do acceso ao financiamento (as microfinanzas e financiamento de empresas sociais).

• Prioridade 1 do FPA: Apoiar a Comisión nas súas actividades de difusión a escala europea, nacional e local co fin de garantir a aplicación das políticas europeas na área en cuestión.
• Prioridade 2 da FPA: Reforzar a capacidade dos membros da rede, mesmo ofrecendo unha plataforma para o intercambio de boas prácticas no ámbito pertinente, e a sensibilización acerca das políticas relevantes da UE.
• Prioridade 3 do FPA: Expresar as preocupacións e expectativas das organizacións que facilitan o acceso ao financiamento aos (potenciais) empresarios pertencentes a grupos desfavorecidos ou subrepresentados ou a empresas sociais.
• Prioridade 4 do FPA: A subministración de datos / investigación sobre os avances no campo e sobre temas prioritarios.

No deseño, execución e presentación de informes sobre a actividade, os beneficiarios deben abordar os obxectivos establecidos polo progama EaSi e será necesario que no informe final de actividades den detalles sobre os pasos e logros realizados para alcanzar estes obxectivos. Entre eles podemos destacar:

-a promoción da igualdade entre mulleres e homes;
-a loita contra a discriminación por motivos de sexo, orixe racial ou étnica, relixión, discapacidade, idade ou orientación sexual;
-a promoción dun emprego de calidade, a garantía dunha axeitada protección social, a loita contra o desemprego a longo prazo, así como a loita contra a pobreza e a exclusión social.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a Redes de ONGs a nivel da UE, activas na promoción da inclusión social e a redución da pobreza ou activas na promoción do acceso ao financiamento (as microfinanzas e financiamento de empresas sociais), que asinasen un acordo marco de asociación (Framework Partnership Agreements (FPA)), que abrangue o período 2014-2017, a raíz da convocatoria de propostas VP/2013/006.

Financiamento

O financiamento da Unión Europea concedido non superará o 80% dos custos subvencionables totais da acción.

O importe da subvención solicitada debe estar entre 100.000 euros e 1.000.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas divídese en dúas áreas:

• Para a área 1: 10.000.000 euros.
• Para a área 2: 1.000.000 euros.

Duración do proxecto

As subvencións de funcionamento concedidas en virtude da presente convocatoria de propostas referiranse ao período comprendido entre o 01/01/2015 e o 31/12/2015.

Data de publicación

01/07/2014

Data límite de solicitude

20/08/2014

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG Empleo, Asuntos Sociais e Inclusión DG (EMPL)
B-1049 Bruxelas
Bélxica

As consultas deben ser enviadas por correo electrónico a:

EMPL-VP-2014-009@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude de subvención cubrirase utilizando o formulario en liña ”SWIM” que se pode encontrar na seguinte dirección:

https://webgate.ec.europa.eu/swim

O formulario acompañado de todos os documentos obrigatorios e anexos solicitados na convocatoria deben ser enviados a través da aplicación ”SWIM”:

http://applicationservers.cc.cec.eu.int:8085/employment_social/swim/displayWelcome.do

Ademais, débese enviar un orixinal e dúas copias da carta de solicitude xunto con todos os documentos requiridos á dirección seguinte:

a) por correo postal a:
Comisión Europea
DG Empleo, Asuntos Sociais e Inclusión
UNIT EMPL D.2: Call for Proposals VP/2014/009
Área da solicitude: 1 ou 2
J-27 01/
CAD Service
B-1049 Bruxelas
Bélxica

b) por servizo de correos urxente:
Comisión Europea
DG Empleo, Asuntos Sociais e Inclusión
Unit EMPL.D.2: Call for proposals VP/2014/009
Área da solicitude: 1 ou 2
Service central de réception du courier
Avenue du Bourget 1
B-1140 Bruselas
Bélgica

A referencia da convocatoria de propostas e a área en cuestión deben figurar no sobre.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante