Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas de innovación de política social de apoio ás reformas nos servizos sociais - VP/2014/008

Programa

EaSI

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria é fomentar a innovación e as reformas nos servizos sociais para facer fronte aos principais retos identificados e para desenvolver respostas innovadoras correspondentes ás realidades nacionais, rexionais e locais e en liña co enfoque de investimento social.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria ten dous obxectivos:

a) O uso de innovacións nas políticas sociais para levar a cabo reformas estruturais no contexto da Estratexia Europa 2020, e en particular as Recomendacións específicas recibidas polos Estados membros no marco do semestre europeo.

b) Reforzar as asociacións entre o sector público, o sector privado e a sociedade civil para involucrarse en actividades de sensibilización sobre o uso e os beneficios da innovación en políticas sociais.

Eidos de actuación

As principais áreas de actuación da convocatoria son as seguintes:

1. Un enfoque de xanela única

As xanelas únicas son unha forma avanzada de integración que comprende múltiples servizos de entrega nun só lugar. Esta forma de integración pode incluír unha maior coordinación entre os servizos, pero tamén pode conducir á creación dun só organismo con maior ou menor autonomía na adopción de decisións, o que implicaría cambios estruturais máis profundos.

2. Enfoque personalizado a través de persoal de alta calidade

O alcance e a cobertura dos servizos sociais poderíanse aumentar mediante o uso e a formación de persoal de alta calidade, capaz de avaliar e proporcionar orientación individualizada en relación ás necesidades específicas das persoas.

3. Asociacións innovadoras

As asociacións innovadoras poden incluír un aumento da cota de información compartida (a través de bases de datos integradas) como un primeiro paso, aínda que tamén podería dar lugar a acordos sobre enfoques comúns ou, nunha forma máis avanzada, a acordos sobre a creación dun órgano de goberno formal.

Destinatarios

Os destinatarios deben cumprir os requisitos seguintes:

1 - O proxecto de experimentación de política social ten que ser presentado por un consorcio de actores involucrados no proceso de innovación da política social. O solicitante principal debe ser unha autoridade pública ou un organismo público a nivel nacional, rexional ou local que desempeñe un papel no establecemento deste tipo de políticas ou na prestación de servizos sociais. As propostas deberán ser presentadas polo representante legal do solicitante principal en nome de tódolos solicitantes.

2 - A proposta debe incluír polo menos un cosolicitante. Os cosolicitantes deben ser autoridades públicas a nivel central, rexional ou local, ou organismos de Dereito público, e / ou organizacións da sociedade civil, e / ou organizacións do sector privado. A inclusión de estruturas académicas, centros de investigación ou Organizacións Internacionais é altamente recomendable.

3 - O solicitante principal e os cosolicitantes deben ser persoas debidamente constituídas e inscritas legalmente, así como estar establecidas nun dos países participantes no programa EASI Progress Axis 2014.

4 - O solicitante principal e os cosolicitantes deben confirmar mediante cartas de compromiso da súa participación no proxecto.

Financiamento

A subvención solicitada debe ser de 750.000 euros como mínimo e de 2.000.000 euros como máximo.

A axuda financeira da Unión Europea concedida non superará o 80% dos custos subvencionables totais da acción. Os membros do consorcio deben garantir o cofinanciamento en efectivo do restante 20%. As achegas en especie non son aceptadas como cofinanciamento.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente convocatoria é de 9.200.000 €.

Duración do proxecto

A duración do proxecto debe ser de entre 24 meses e 36 meses.

Data de publicación

19/05/2014

Data límite de solicitude

30/07/2014

Documentación

Contacto

Comisión Europea
DG Empleo, Asuntos Sociales e Inclusión DG (EMPL)
B-1049 Bruxelas
Bélxica

As consultas deben ser enviadas por correo electrónico, indicando claramente a referencia VP/2014/008, a:

empl-vp-2014-008@ec.europa.eu

Comentarios

Os solicitantes deberán encher o formulario de solicitude en liña, no sitio web seguro SWIM:
https://webgate.ec.europa.eu/swim/displayWelcome.do

Unha vez cuberto o formulario, os solicitantes deben envialo tanto electronicamente como en papel:

• Presentación electrónica: debe levarse a cabo antes da data límite.

• Presentación de copia en papel da solicitude debidamente cumprida acompañada dos anexos e toda a proba documental necesaria. Esta copia debe ser remitida ás seguintes direccións antes de que finalice o prazo para a presentación das solicitudes. (Considerarase como data de presentación a data de envío, sendo demostrada polo cuño ou o resgardo do servizo de correo urxente).


a) Por correo á seguinte dirección postal:
Comisión Europea
DG EMPL D1
Call for proposals VP/2014/008
B-1049 Bruselas
Bélgica

b) Mediante entrega persoal:

Comisión Europea
DG EMPL D1
Call for proposals VP/2014/008
Central Courier Service
Avenue du Bourget, 1
B-1140 Evere
Bélgica

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante