Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas que desenvolverán as corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión

Programa

PO FSE Galicia

Obxectivo xeral

Subvencionar accións dirixidas á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas, así como ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade a exclusión social e laboral.

Eidos de actuación

  • Dunha banda, as subvencións ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social e unidades funcionalmente vinculadas poderán adoptar dúas modalidades:
    a) Construción, ampliación, reforma, mellora e adaptación de elementos de carácter estrutural que melloren substancialmente a calidade do servizo que se vai prestar.
    b) Adquisición e instalación de equipamento e moblaxe, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluídos expresamente os vehículos turismos.

  • Doutra, os programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral poden adoptar as seguintes tipoloxías:
    a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.
    b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

    c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.
    d) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

Destinatarios

Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1 e que cumpran os seguintes requisitos:

  • a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

  • b) Aquelas corporacións locais solicitantes dun programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar a emisión de informes de arraigo social e vivenda adecuada, segundo establecen a Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social e o Real Decreto 557/2011, de 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento que a desenvolve.

  • c) As corporacións locais solicitantes dun programa dirixido á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social, non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa o deseño e a realización de itinerarios personalizados de inclusión social dirixidos a persoas en situación ou risco de exclusión social.

  • d) As corporacións locais solicitantes dun programa dirixido á inclusión social da comunidade xitana terán que acreditar a necesidade social do programa, a cal será valorada no criterio de selección correspondente.

Financiamento

Estas axudas están financiadas polo Fondo Social Europeo e polo Feder 2014-2020 nun 80 %, e pola Comunidade Autónoma de Galicia, amais da contribución económica da Administración do Estado, a través do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no caso dos programas especificamente dirixidos á comunidade xitana.

Orzamento total da convocatoria

Hai catro partidas orzamentarias previstas dentro desta convocatoria, que suman un total de 5.133.325 euros:

  • Unha partida de 581.999 euros destinarase a accións de investimento en centros de inclusión e emerxencia social e estará cofinanciada ao 80 % con fondos Feder do Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1.

  • As restantes partidas están cofinanciadas ao 80 % con fondos FSE no Programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.1, obxectivo específico 9.1.1, coa seguinte distribución por programas:
    Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana: 930.000 euros.
    Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: 985.645 euros.
    Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social: 1.302.348 euros.
    Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo: 1.333.333 euros.

Data de publicación

18/07/2016

Data límite de solicitude

18/08/2016

Documentación

Contacto

Consellería de Política Social, Secretaría Xeral Técnica,
Edificio Administrativo San Caetano,
15781 Santiago de Compostela,
sxt.politicasocial@xunta.gal

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante