Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Implementación de redes de cidades URBACT III

Programa

URBACT III

Obxectivo xeral

Mellorar a capacidade das cidades para xestionar políticas urbanas sustentables e, máis concretamente, para mellorar a implementación de estratexias urbanas integradas sustentables e plans de acción en cidades europeas. A implementación de redes de cidades apoiará o proceso de intercambio e aprendizaxe entre iguais en Europa con vistas a mellorar as políticas locais a través dunha implementación concreta.

Obxectivo específico da convocatoria

- Mellorar a capacidade das cidades á hora de xestionar políticas urbanas sustentables e prácticas dunha forma integradora e participativa.
- Mellorar o deseño de estratexias urbanas sustentables e de plans de acción en cidades.
- Asegurar que os políticos e empregados das administracións a todos os niveis (UE, nacional, rexional e local) incrementan o acceso ao coñecemento temático URBACT e comparten o know-how sobre desenvolvemento urbano sustentable.

Eidos de actuación

- Fortalecer a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
- Promover o acceso, o uso e a calidade das TIC.
- Promover a competitividade das PEME.
- Apoiar a transición cara a unha economía de baixas emisións de carbono en todos os sectores.
- Promover a adaptación ao cambio climático, a prevención de riscos e a súa xestión.
- Protexer o medioambiente e promover a eficiencia de recursos.
- Promover o transporte sustentable e eliminar os embotellamentos nas redes de infraestruturas clave.
- Promover o emprego e apoiar a mobilidade laboral.
- Promover a inclusión social e combater a pobreza.
- Investir en educación, habilidades e a aprendizaxe permanente mediante o desenvolvemento da infraestrutura de educación e formación.

Destinatarios

Municipios dos 28 Estados membros, Noruega e Suíza que desenvolvesen unha estratexia urbana sustentable ou un plan de acción, que dispoñan de fondos e demostren que o seu municipio está preparado para comezar a fase de implementación.

Socios

Os consorcios estarán formado por un mínimo de 7 municipios e un máximo de 9.

Financiamento

Porcentaxes de cofinanciación:
- Socios de rexións máis desenvolvidas: ata un 70%
- Socios de rexións menos desenvolvidas e en transición: ata un 85%
- Socios de Noruega: ata un 50%
- Socios de Suíza: ata un 50%
O custo total elixible da implementación da rede deberá estar entre os 600.000€ e 750.000€.

Orzamento total da convocatoria

Non consta

Duración do proxecto

30 meses

Data de publicación

22/03/2016

Data límite de solicitude

22/06/2016

Documentación

Contacto

Kristijan Radojcic, Networking Officer
email: k.radojcic@urbact.eu

Procuras de Socios

Rede de cidades contra o cambio climático

Métropole  Rouen  Normandie está a buscar socios, cunha vontade e un compromiso claros na loita  contra o cambio climático, para a creación dunha rede de planificación de accións  URBACT, onde cada socio achega as súas propias experiencias con respecto á mitigación do cambio climático e mostra disposición para asumir novas ideas co fin de desenvolver un plan de acción de cero emisións que sexa innovador e que se adapte ás súas necesidades locais. 

Comentarios

A data límite de presentación de propostas é o 22/06/2016 ás 15.00 horas.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante