Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Análises Específicas (Targeted Analyses)

Programa

ESPON

Obxectivo xeral

Promover e fomentar unha dimensión territorial europea no desenvolvemento e a cooperación, proporcionando probas, transferencia de coñecemento e aprendizaxe das políticas das autoridades públicas e outros actores polítios en todos os niveis.

Obxectivo específico da convocatoria

Mellora do conocimento dun contexto territorial máis amplo.
Comparación con outros territorios, rexións e cidades.
Inclusión da perspectiva europea no desenvolvemento os territorios.

Eidos de actuación

Eixo prioritario 2: Asistencia técnica (AT) do Porgrama ESPON 2020

Destinatarios

- Grupos de interese e profesionais das administracións nacionais, rexionais e locais dos Estados membros da UE e dos catro Estados asociados a ESPON (Islandia , Liechtenstein, Noruega e Suíza).
- As autoridades de execución de programas financiados pola UE, por exemplo as autoridades de xestión e secretarías do programa.

Socios

Non existe un número mínimo de socios.

Data de publicación

10/02/2016

Data límite de solicitude

09/03/2016

Documentación

Contacto

As consultas deberán dirixirse ao seguinte correo: application@espon.eu

Procuras de Socios

Indicadores para un novo contexto territorial - Suecia

Un novo contexto territorial crea a necesidade de revisar os indicadores existentes para o desenvolvemento territorial rexional coa finalidade de realizar o seguimento da nova realidade territorial. A necesidade da cohesión territorial pode ser crucial. O proxecto ten como obxectivo desenvolver indicadores relevantes para o seguimento da cohesión territorial dentro dunha rexión dunha maneira precisa. Moitas rexións suecas enfróntanse ao reto a de chegada dun gran número de inmigrantes. A integración é, por tanto, tamén de gran relevancia neste contexto. Podería ser posible atopar indicadores que combinan a cohesión entre e dentro das rexións máis grandes? Mellores indicadores para o desenvolvemento rexional e territorial poderanse utilizar como referencia no proceso en curso para a próxima política de cohesión máis aló do ano 2020.

Comentarios

A posibilidade de presentar propostas ​​permanece continuamente aberta durante toda a duración do Programa de Cooperación ESPON 2020. Os interesados ​​son benvidos , por tanto, a presentar as súas propostas en calquera momento durante todo o ano e estes serán considerados na seguinte rolda de selección. Un novo anuncio na próxima data de peche para a avaliación das propostas efectuarase durante a primeira metade de 2016.
Só serán aprobados un máximo de 6 proxectos durante 2016.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante