Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Segunda convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado – PO FEDER Crecemento Sustentable 2014-2020

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria que se inclúe dentro do programa operativo FEDER de crecemento sustentable 2014-2020 é a elaboración de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) . Isto supón deseñar proxectos integrais a longo prazo que melloren as condicións sociais, económicas e ambientais das as áreas urbanas. As cidades son centros de oportunidades, onde florecen a creatividade, conectividade e innovación, pero á vez, son lugares onde máis se acentúan os problemas climáticos, demográficos, económicos, como o desemprego, e sociais, como a segregación ou a desigualdade. Así pois, a solución que necesitan as autoridades locais debe ter un enfoque integrado que relacione estes retos.

Eidos de actuación

As estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (DUSI) han de conter:

  1. Identificación inicial de problemas/retos urbanos da área.

  2. Análise da conxunto da área urbana dende unha perspectiva integrada, que inclúa: análise ambiental e das condicións climáticas; análise enerxética; análise económica; análise demográfico; análise social; análise do contexto territorial; análise do marco competencial; análise dos instrumentos de planificación existentes; e análise de riscos.

  3. Diagnóstico da situación da área urbana.

  4. Delimitación do ámbito de actuación.

  5. Plan de Implementación da Estratexia.

  6. Participación cidadá e dos axentes sociais.

  7. Capacidade Administrativa: resumo coa estrutura da que se dispón ou que se pretende crear para a implementación da mesma.

  8. Principios horizontais e obxectivos transversais, como a igualdade entre homes e mulleres e non discriminación.

Destinatarios

Os beneficiarios poderán ser os Concellos ou entidades supramunicipais, preexistentes ou de nova constitución, representantes das áreas funcionais de máis de 50.000 habitantes, ou áreas funcionais de máis de 20.000 e menos de 50.000 habitantes.

Financiamento

A cofinanciación será do 50%, establecendo como máximo 15 millóns de euros para os centros urbanos con máis de 50.000 habitantes e 5 millóns para os núcleos de entre 20.000 e 50.000 habitantes.

Orzamento total da convocatoria

Nesta convocatoria repártese o resto do orzamento destinado ao eixo 12 de Desenvolvemento Urbano da axuda FEDER (1.013 millóns de euros), representando este un 30% do total (281,8 millóns de euros). Ademais, repartiranse os remanentes que quedasen sen asignar nas Comunidades Autónomas. No caso de Galicia repartiranse en total 35,6 millóns de euros.

Duración do proxecto

Para esta segunda convocatoria, o período de execución material das operacións, así como dos pagos reais e efectivos realizados con cargo ás mesmas, estará comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2023.

Data de publicación

07/10/2016

Data límite de solicitude

14/12/2016

Documentación

Comentarios

O prazo para a presentación da documentación finalizará após de 45 días hábiles, a contar dende a publicación da convocatoria no BOE, ás 14:00h. As solicitudes tamén se poden subir á plataforma informática.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante