Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

FEDER INNTERCONECTA

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

Preténdese estimular a cooperación estable en actividades de I+D entre empresas situadas nas principais rexións destinatarias do ”Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020”, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Obxectivo específico da convocatoria

Perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías novas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, supoñendo á vez un avance tecnolóxico e industrial relevante para as rexións involucradas.

Eidos de actuación

Os proxectos obxecto de axuda serán proxectos de desenvolvemento experimental na modalidade de proxectos en cooperación e deberán ser desenvolvidos no ámbito xeográfico das seguintes comunidades e/ou cidades con Estatuto de Autonomía: Andalucía, Canarias, Castela a Mancha, Estremadura, Galicia, Murcia, Ceuta e Melilla.

Destinatarios

Agrupacións de persoas xurídicas constituídas unicamente por empresas.
As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas autónomas entre si, das cales polo menos una delas ha de ser grande ou mediana e outra ha de ser PEME.

Socios

O número máximo de empresas integrantes da agrupación será de seis.

Financiamento

O orzamento mínimo financiable é de 1.000.000 euros e o orzamento máximo de 4.000.000 euros.
Concretamente, para as pequenas empresas, a intensidade de axuda máxima será do 60%, do 50% para as empresas medianas e para as grandes empresas, do 40 %.

Orzamento total da convocatoria

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria para o período 2016-2018 é de 50.000.000 euros en concepto de subvencións.

Data de publicación

29/04/2016

Data límite de solicitude

20/06/2016

Documentación

Contacto

Se desexa recibir asesoramento personalizado para a análise da idea de proxecto ou estruturación do mesmo pode dirixirse, segundo a área temática do seu proxecto, aos seguintes departamentos da Dirección de Promoción e Cooperación:
Departamento de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital: dptoetfsd@cdti.es  
Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais: dptosbcrn@cdti.es

 

Comentarios

O prazo de presentación de solicitudes e documentación anexa comezará o 29 de abril de 2016 e finalizará o día 20 de xuño de 2016, ás 12:00 horas do mediodía, hora peninsular.

O enchemento e presentación das solicitudes para a obtención das axudas deberá realizarse obrigatoriamente a través dos medios electrónicos habilitados para iso na sede electrónica do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (https://sede.cdti.gob.es).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante