Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións urbanas innovadoras

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

Integrar autoridades locais no deseño de políticas europeas e nacionais, e conseguir que implementen políticas europeas e nacionais.

Obxectivo específico da convocatoria

Créase esta iniciativa porque hoxe en día é fundamental a experimentación e innovación no eido local, pero por motivos orzamentarios principalmente, non se levan a cabo. O obxectivo desta proposta é salvar ese obstáculo económico e fomentar o desenvolvemento urbano sostible.

Eidos de actuación

Esta convovatoria co-financiará proxectos innovadores, que non formen parte das actividades habituais das autoridades urbanas; de boa calidade, participativos, tendo en conta opinións de universidades, ONGs, negocios, cidadáns…; medibles, é dicir, que se poidan coñecer os cambios esperables ao implementar o proxecto; e transferibles a outras cidades da Unión Europea. Estes proxectos deberán estar en liña coa Axenda Urbana Europea, e os temas sobre os que se actuará serán:
- Traballos na economía local
- Pobreza urbana
- Vivenda
- Inclusión de migrantes e refuxiados
- Uso sostible da terra
- Economía circular
- Adaptación climática
- Transición enerxética
- Mobilidade urbana sostible
- Calidade do aire
- Transición dixital

Destinatarios

Autoridades locais urbanas cun mínimo de 50.000 habitantes ou asociacións ou grupos de autoridades locais urbanas cuxo total de poboación sexa o mesmo que o anterior, incluindo neste apartado asociacións transfronteirizas.

Financiamento

Cubrirase con fondos do FEDER ata un 80% do custe total do proxecto.

Orzamento total da convocatoria

Cada acción poderá ter un financiamento máximo de 5 millóns de euros.

Duración do proxecto

A implementación do proxecto deberá realizarse nun prazo máximo de tres anos.

Data de publicación

17/12/2015

Data límite de solicitude

31/03/2016

Documentación

Contacto

http://www.uia-initiative.eu/en/contact
Tim Caulfield – Director
t.caulfield@uia-initiative.eu
Katherine Coulon – Asistente
k.coulon@uia-initiative.eu
Camille Degryse – Asistente
c.degryse@uia-initiative.eu
Laurent Dachy – Información e Tecnoloxía
l.dachy@uia-initiative.eu
Máis en: http://www.uia-initiative.eu/en/about-us/meet-team

Comentarios

Non hai un mínimo no presuposto para ser co-financiado. Porén, os proxectos pequenos (por exemplo os que precisen menos dun millón de euros do FEDER) terán menos probabilidade de ser elixidos porque o seu impacto podería ser pouco significativo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante