Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Primeira convocatoria para a selección de estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI), cofinanciadas mediante o programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

Fortalecer a cohesión socioeconómica, territorial e medioambiental da UE e corrixir os desequilibrios entre os niveis de desenvolvemento das rexións que a compoñen

Eidos de actuación

Regúlanse no Anexo II da Orde HAP/2427/2015. En todo caso, as Estratexias deberán de incluír os elementos seguintes:

a) A identificación inicial dos problemas ou retos urbanos da área.
b) Unha análise do conxunto da área urbana dende unha perspectiva integrada.
c) Un diagnóstico da situación da área urbana, así como a definición dos resultados esperados e a súa cuantificación.
d) A delimitación do ámbito de actuación.
e) Un Plan de Implementación da Estratexia que incluirá as liñas de actuación.
f) A descrición dos mecanismos de participación cidadá e dos axentes sociais.
g) A garantía da capacidade administrativa para a súa implementación.
h) Referencia aos principios horizontais e obxectivos transversais.

A Estratexia DUSI terá un carácter integrado e abordará en todo caso aspectos económicos, ambientais, climáticos, demográficos e sociais, que favorezan un Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado

Destinatarios

Concellos ou entidades supramunicipais, preexistentes ou de nova constitución, representantes das áreas funcionais definidas no anexo I da Orde HAP/2427/2015 que presenten Estratexias DUSI conforme ao disposto en esta convocatoria e que resulten adxudicatarias.

Financiamento

A asignación da axuda estará dentro dos límites de fondos asignados en total á Comunidade Autónoma na que se encontren e farase da seguinte maneira:

a) Para cidades ou áreas funcionais maiores de 50.000 habitantes a axuda máxima a asignar para as operacións a cofinanciar será de 15 millóns de euros, salvo casos excepcionais, debidamente motivados.

b) Para cidades ou áreas funcionais maiores de 20.000 e menores de 50.000 habitantes, a axuda máxima a asignar para as operacións a cofinanciar será de 5 millóns de euros, salvo casos excepcionais, debidamente motivados.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total dispoñible para a cofinanciación de proxectos no marco da presente convocatoria estímase en 730 millóns de euros, repartidos entre as CCAA conforme ao disposto no Capítulo I apartado V da Orde HAP/2427/2015.

Data de publicación

17/11/2015

Data límite de solicitude

01/01/2016

Documentación

Contacto

Dirección Xeral de Fondos Comunitarios
fondoscomunitarios@sepg.minhap.es

Comentarios

O prazo para a presentación de solicitudes será de corenta e cinco días dende a publicación no BOE da presente orde (1 de xaneiro de 2016).

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante