Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria do ano 2015 do procedemento de concesión de subvencións destinadas a fomentar a cooperación rexional en investigación e desenvolvemento (Programa FEDER Innterconecta).

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

Esta modalidade de axudas enmárcase no Programa Estatal de I+D+I Orientada aos Retos da Sociedade, que fomenta a orientación da investigación científica, desenvolvida en universidades e organismos públicos de investigación, e das actividades de I+D+I empresariais cara á resolución dos problemas e necesidades presentes e futuras da nosa sociedade, en consonancia cos retos contidos na Estratexia Española de Ciencia e Tecnoloxía e de Innovación e o esquema da Unión Europea reflectido no Programa Marco de Investigación, Desenvolvemento e Innovación «Horizonte 2020», co fin último de procurar, a medio e longo prazo, a obtención de retornos sociais, incluídos os derivados da mellora da competitividade do tecido produtivo do país.


O «Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020», aprobado pola Comisión Europea o 13 de febreiro de 2015, é o documento no que se concreta a estratexia e os obxectivos de intervención da Administración Xeral do Estado cofinanciadas co fondo FEDER co obxectivo de contribuír á mellora e recuperación da competitividade da economía española, a través do impulso dun modelo de crecemento máis inteligente.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria pretende fomentar a cooperación rexional en I+D mediante a execución de proxectos de I+D, desenvolvidos por consorcios empresariais de carácter rexional ou inter-rexional, con resultados próximos ao mercado, que mobilicen o investimento privado, xeren emprego e melloren a balanza tecnolóxica do país, de acordo coas prioridades establecidas nos Retos Sociais e dentro do «Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020».


Con estes proxectos preténdese estimular a cooperación estable en actividades de I+D entre empresas situadas nas principais rexións destinatarias do «Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020. En particular, perséguese o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional, supoñendo á vez un avance tecnolóxico e industrial relevante para as devanditas rexións. Afrontaranse de xeito cooperativo as problemáticas comúns aos retos da sociedade e mobilizarase a participación das PEME en proxectos asociativos de certa envergadura.

Eidos de actuación

As temáticas dos proxectos presentados deberán estar aliñadas coas prioridades establecidas nos seguintes Retos Sociales:


  • Saúde, cambio demográfico e benestar.


  • Seguridade e calidade alimentarias; actividade agraria produtiva e sostible, recursos naturais, investigación mariña e marítima.


  • Enerxía segura, eficiente e limpa.


  • Transporte intelixente, sostible e integrado.


  • Acción sobre o cambio climático e eficiencia na utilización de recursos e materias primas.


  • Cambios e innovacións sociais.


  • Economía e sociedade dixital.


  • Seguridade, protección e defensa.

Socios

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas na presente convocatoria as agrupacións de persoas xurídicas que poidan levar a cabo os proxectos obxecto de axuda. As agrupacións deberán estar constituídas únicamente por empresas.


As agrupacións deberán estar constituídas, como mínimo, por dúas empresas autónomas entre si, das cales polo menos unha delas debe ser grande ou mediana e outra debe ser unha PEME. O número máximo de empresas integrantes da agrupación será de seis. Ningunha das empresas autónomas da agrupación, nin ningún grupo de empresas vinculadas ou asociadas, poderá superar o 70% do orzamento financiable do proxecto.


Estas agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión, asumindo un dos socios a interlocución así como a representación da agrupación ante a Administración. En todo caso, o representante ten que ser unha das empresas grandes ou medianas da agrupación. Entre outros aspectos o devandito documento contractual deberá regular como mínimo o seguinte:


  • distribución de actividades e orzamento;


  • acordos de confidencialidade;


  • propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados, e


  • xestión do consorcio e plan de continxencias. Non obstante, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido ao respecto na resolución definitiva de concesión da subvención.


A empresa que asuma a representación da agrupación recibirá a axuda concedida e será responsable da súa distribución entre os socios participantes de acordo coa repartición establecida na resolución de concesión.


Non poderán adquirir a condición de beneficiario os seguintes suxeitos:


  • As entidades que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.


  • As empresas en crise, conforme á definición do artigo 2, apartado 18, do Regulamento xeral de exención por categorías.


  • As entidades nos que concorra algunha das circunstancias descritas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvenciones.

Financiamento

Os proxectos subvencionables deberán ter un orzamento financiable mínimo de 1.000.000,00 € e máximo de 4.000.000,00 €.


A contía individualizada das axudas determinarase en función do custo financiable real do proxecto, das características do beneficiario e das disponibilidades orzamentarias. Concretamente, para as pequenas empresas, a intensidade de axuda máxima será do 60%; para as medianas empresas, do 50%, e para as grandes empresas, do 40 %.


Orzamento total da convocatoria

A contía máxima das axudas a outorgar con cargo a esta convocatoria para o período 2015-2017 é de 110.000.000 euros.

Duración do proxecto

Os proxectos deberán ser plurianuais e parte do proxecto deberá realizarse no ano 2015. En todo caso, deberase solicitar axuda para o ano 2015. Os proxectos terán unha duración de dous ou tres anos naturais, de forma que deberán finalizar o 31 de decembro de 2016 ou o 31 de decembro de 2017.

Data de publicación

30/04/2015

Data límite de solicitude

30/06/2015

Documentación

Contacto

Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial.


Departamento de Enerxía, Transporte, Fabricación e Sociedade Dixital: detfsd@cdti.es


Departamento de Saúde, Bioeconomía, Clima e Recursos Naturais: dptosbcrn@cdti.es

Comentarios

Financiaranse só aqueles proxectos que sexan desenvolvidos no ámbito xeográfico das seguintes Comunidades e/ou Cidades Autónomas: Andalucía, Asturias, Canarias, Castela La Mancha, Extremadura, Galicia, Murcia, Ceuta e Melilla.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante