Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Asistencia plurirrexional para la avaliación das posibilidades de utilización dos instrumentos financeiros FEDER-FSE-FEADER

Programa

FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER)

Obxectivo xeral

Incrementar o uso de instrumentos financeiros para alcanzar os obxectivos do FEDER, FSE, FC e FEADER.


Mais especificamente, o obxectivo é aumentar a formación das autoridades que xestionan os devanditos fondos de modo que adquiran coñecemento especializado sobre o posible uso de instrumentos financeiros específicos, a súa posta en marcha e implementación.

Obxectivo específico da convocatoria

Avaliar o uso potencial de instrumentos financeiros que aborden obxectivos temáticos para programas cofinanciados polo FEDER ou o FC e que sexan específicos e compartidos por polo menos dúas rexións de dous países diferentes.


Avaliar o uso potencial de instrumentos financeiros como forma de alcanzar os obxectivos temáticos dos programas cofinanciados polo FSE e que sexan específicos e compartidos por polo menos dúas rexións de dous países distintos.
Avaliar o uso potencial de instrumentos financeiros como forma de apoiar os obxectivos temáticos para os programas cofinanciados polo FEADER e que sexan específicos e compartidos por polo menos dúas rexións de dous países distintos.

Eidos de actuación

As accións elixibles deben ter como beneficiarios ás entidades seleccionadas e poden incluir:


  • Servicios de asesoramento.


  • Actividades de investigación, enquisas, estudos, análise e proxectos de mapeo.


  • Seminarios, actividades formativas.


  • Accións de cooperación, a creación e melloras de redes de traballo, intercambio de boas prácticas.


  • Accións de difusión e sensibilización, incluíndo conferencias, seminarios, etc.

Socios

A solicitude debe ser presentada por un consorcio de polo menos dous socios de distintos países:


  • Autoridades xestoras, de acordo coa definición exposta no artigo 123 (1) do Regulamento (UE) 1303/2013 ou organismos intermedios de acordo coa definición do 123 (6) ou o artigo 123 (7) do Regulamento (UE) 1303/2013 designado para programas cofinanciados polo FEDER, FC, FSE.


  • Autoridades xestoras, de acordo ao artigo 66 (1) do Regulamento (UE) 1305/2013 ou organismos intermedios definidos de acordo ao artigo 66 (2) do Regulamento (UE) 1305/2013 para programas cofinanciados polo FEADER.


O criterio dos dous países non se aplica cando se trata dun consorcio que inclúa a unha autoridade de xestión ou organismo intermedio dun programa de cooperación transfronteiriza ou transnacional.


Entidades legalmente constituídas que teñan unha relación legal ou de capital con algún solicitante poden formar parte do proxecto como entidades afiliadas.


Os solicitantes non poderán incorrer en ningunha causa de exclusión do proceso e dispoñer dunha capacidade financeira que permita manter a súa actividade durante a duración da actividade.

Financiamento

A cantidade máxima financiable por acción e tema é:


  • FEDER: 2,5 millóns de euros


  • FSE: 0,5 millóns de euros


  • FEADER: 1,4 millóns de euros

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 10,83 millóns de euros.

Data límite de solicitude

31/07/2015

Documentación

Contacto

Comisión Europea
Dirección general de políticas regionales y urbanas
Dirección B - Políticas
Unidad B3 – Instrumentos financeiros e Relacións con Institucións Financeiras Internacionais.
E-mail : REGIO-MULTI-REGION-CALL@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante