Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoio a proxectos de sensibilización do público en xeral e á
promoción da educación nos países membros da Unión Europea
sobre a cooperación ó desenvolvemento- EuropeAid/151103/C/ACT/MULTI

Programa

Programa de sensibilización e educación para o desenvolvemento (DEAR)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta Convocatoria de propostas é promover a educación para o desenvolvemento e aumentar a concienciación pública respecto das políticas de cooperación ó desenvolvemento.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta Convocatoria de propostas é proporcionar apoio para a promoción dunha educación para o desenvolvemento de calidade e accións de concienciación entre o público europeo. Os proxectos que se propoñan deben promover a concienciación e o entendemento crítico do papel, responsabilidade e estilo de vida do público en relación cun mundo independente. Debe motivar a súa participación efectiva en accións locais e globais que apoien as dimensións social, económica e medioambiental do desenvolvemento sostible.

Eidos de actuación

Son catro grandes grupos de actividades os que se poderán financiar con esta convocatoria:



Grupo 1: Educación para o aprendizaxe global e proxectos de defensa e loita levados a cabo por organizacións da sociedade civil (OSC) ou en asociación con elas, dentro dos Estados membros.


-Opción 1: Educación para o aprendizaxe global.


Os proxectos deberán centrarse na educación para o desenvolvemento no Sistema formal de educación e fora del.


-Opción 2: Proxectos de defensa e loita.


Os proxectos deberán centrarse en cambios concretos do comportamento a nivel individual e colectivo, con estratexias orientadas a resultados. Además deberán procurar producir resultados a nivel europeo.


Este tipo de accións deberán ter lugar nun mínimo de 10 Estados membros.



Grupo 2: Educación para o aprendizaxe global e proxectos de defensa e loita levados a cabo por organizacións da sociedade civil (OSC) ou en asociación con elas, dentro de 13 Estados membros.


Neste caso aplícanse as mesmas opcións e características que no Grupo 1, coa única diferencia de que as accións deberán ter lugar nun mínimo de 6 Estados membros.



Grupo 3: Apoio financeiro a terceiros, guiados por unha OSC ou en asociación con unha dalgún Estado Membro.


Apoio financeiro para terceiros xestionado por OSC ou en asociación cunha OSC dalgún Estado membro. O obxectivo deste Grupo de accións é alcanzar OSC que non teñen a capacidade financeira, administrativa e operativa para competir directamente por financiamento europeo dentro do Programa DEAR. Así, tal obxectivo acadarase a través da modalidade de apoio financeiro a terceiros, que será o principal propósito da acción. Todas as accións que se financien a través deste grupo deben contribuir ó obxectivo global e ós obxectivos específicos da convocatoria.


As opcións son as mesas que para os dous Grupos anteriores e as accións deberán ter lugar nun mínimo de 6 Estados membros.



Grupo 4: Educación para o aprendizaxe global e proxectos de defensa e loita levados a cabo por unha autoridade local dos Estados membros ou en asociación con unha delas.


Neste caso aplícanse as mesmas opcións e características que no Grupo 1, coa única diferencia de que as accións deberán ter lugar nun mínimo de 6 Estados membros.

Destinatarios

Solicitante principal:


Baixo os Grupos 1, 2 e 3, para ser elixible, o solicitante deberá:


-Ser unha persoa xurídica.


v-Non ter ánimo de lucro.


-Ser unha OSC ou traballar en asociación con unha.


-Estar establecido nun Estado membro (dentro dos 13 para o Grupo 2)


-Ser directamente responsable da preparación e a xestión da acción cos demais participantes, non limitándose a ser un simple intermediario.


-Poder demostrar ter levado a cabo actividades no eido da concienciación polo desenvolvemento e a educación durante, polo menos, tres anos.



Baixo o Grupo 4, para ser elixible, o solicitante deberá:


-Ser unha persoa xurídica.


-Ser unha autoridade local dun Estado membro da UE, constituida dacordo coa lexislación nacional ou estar asociado cunha desas autoridades.


-Ser directamente responsable da preparación e a xestión das acción cos demais participantes, non limitándose a ser un simple intermediario.


-Poder demostrar ter levado a cabo actividades no eido da concienciación polo desenvolvemento e a educación durante, polo menos, tres anos.

Socios

Baixo os Grupos 1, 2 e 3, o solicitante principal deberá actuar con outros dous co-solicitantes como mínimo.


Eles tres deben estar en tres Estados membros diferentes.


Baixo o Grupo 4, o solicitante principal deberá actuar cun mínimo de cinco co-solicitantes.


-Polo menos dous deles de distintos Estados membros (e de localidades con máis de 200.000 habitantes) e un deles deberá ser dun EU 13 member state se non o é o principal.


- Polo menos dous de localidades pequenas (entre 30.000 e 200.000 habitantes)


-Polo menos un co-solicitante dun Estado socio da UE

Financiamento

Tódalas subvencións solicitadas deberán atoparse entre os seguintes mínimos e máximos:


Grupo 1: 3,000,000 - 7,000,000 euros.


Grupo 2 (EU13): 750,000 - 7,000,000 euros.


Grupo 3 (apoio financeiro a terceiros): 3,000,000 - 7,000,000 euros.


Grupo 4 (autoridades locais): 1,000,000 - 7,000,000 euros.


A porcentaxe máxima de cofinanciación é do 90%.

Orzamento total da convocatoria

Grupo 1: 45,030,000 euros (15,060,000 para 2016 e 29,970,000 para 2017)


Grupo 2: 15,010,000 euros (5,020,000 para 2016 e 9,990,000 para 2017)


Grupo 3: 15,010,000 euros (5,020,000 para 2016 e 9,990,000 para 2017)


Grupo 4: 17,900,000 euros (solo para 2017)

Duración do proxecto

12-36 meses.

Data de publicación

01/04/2016

Data límite de solicitude

01/06/2016

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante