Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Iniciativa de voluntarios de axuda da UE EACEA/14/2016

Programa

Voluntarios de Axuda Humanitaria da UE (EUAV)

Obxectivo xeral

Subvencionar proxectos que prevexan o despregamento de voluntarios de axuda da UE. Estes proxectos contribuirán a reforzar a capacidade da Unión Europea, para ofrecer axuda humanitaria baseada nas necesidades e dirixida a mellorar a capacidade e resistencia das comunidades vulnerables e afectadas por catástrofes en terceiros países mediante a preparación para casos de catástrofe, a redución dos riscos de catástrofe e o reforzo do vínculo entre a axuda de emerxencia, a rehabilitación e o desenvolvemento (VARD). Ademais, os proxectos poden reforzar as capacidades das organizacións de envío e de acollida encargadas da execución que participen ou teñan previsto participar na iniciativa Voluntarios de Axuda da UE, incluídos métodos e ferramentas de alerta precoz de catástrofes.

Obxectivo específico da convocatoria

- Despregamento de 350 profesionais noveis ou experimentados en proxectos de desenvolvemento da resistencia e de xestión do risco de catástrofes en terceiros países vulnerables, fráxiles ou afectados por catástrofes e crises esquecidas.


- Para 100 profesionais noveis: posibilidade de participar en prácticas de aprendizaxe en Europa antes do seu despregamento.


- Oportunidades de voluntariado en liña para apoiar ou complementar as actividades dos proxectos;


- Os proxectos financiados no marco desta convocatoria achegarán sinerxias e complementariedade ás operacións de axuda humanitaria ou de protección civil financiadas pola UE nos respectivos países e rexións.

Eidos de actuación

Entre as actividades subvencionables destacan:


- Períodos de prácticas para voluntarios noveis en organizacións de envío da UE


- Desenvolvemento de capacidades en comunidades vulnerables ou afectadas por catástrofes e en organizacións locais


- Desenvolvemento de capacidades en organizacións de acollida; asistencia técnica a organizacións de envío


- Actividades de fomento da participación de voluntarios en liña e de traballadores voluntarios en apoio das accións dos Voluntarios de Axuda da UE

Destinatarios

Persoas maiores de 18 anos


- Cidadáns da Unión Europea ou nacionais de terceiros países con condición de residentes de longa duración nun Estado membro.


- Profesionais noveis, especialmente recentemente graduados con menos de cinco anos de experiencia profesional e menos de cinco anos de experiencia en acción humanitaria.


- Profesionais experimentados con cinco anos de experiencia profesional en cargos de responsabilidade ou en postos de experto.

Socios

Cada consorcio deberá estar conformado por 2 organizacións certificadas e pertencentes a dous países diferentes como mínimo.

Financiamento

O máximo da subvención será de 1.400.000 Euros

Orzamento total da convocatoria

8.400.000 Euros

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses

Data de publicación

17/03/2016

Data límite de solicitude

01/09/2016

Documentación

Contacto

Calquera tipo de comunicación realizarase a través de: EACEA-EUAID-Volunteers@ec.europa.eu

Comentarios

O orzamento total será dividido entre as dúas roldas de presentación de proxectos, adxudicando a cada unha das etapas o 50% da totalidade(4.200.000 Euros).

Primeira data de presentación: 17 de maio de 2016

Segunda data de presentación: 1 de setembro de 2016

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante