Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Iniciativa de voluntariado de axuda da UE: Despregamento de Voluntarios de Axuda da UE, con postos de aprendiz para profesionais novos e desenvolvemento de capacidades ou asistencia técnica para as organizacións executoras.

Programa

Voluntarios de Axuda Humanitaria da UE (EUAV)

Obxectivo xeral

O obxectivo da convocatoria de voluntariado é seleccionar, preparar e despregar a voluntarios novos e maiores que colaborarán no fortalecemento da capacidade da Unión para ofrecer axuda humanitaria baseada nas necesidades, dirixida a mellorar a capacidade e resiliencia das comunidades vulnerables e afectadas por catástrofes en terceiros países mediante a preparación ante catástrofes, a redución do risco de catástrofes e a mellora do vínculo entre socorro, rehabilitación e desenvolvemento. Ademais, a convocatoria aspira a fortalecer as capacidades das organizacións executoras emisoras e receptoras que participan ou teñen previsto participar na Iniciativa de voluntariado de axuda da UE.

Eidos de actuación

A convocatoria componse de dúas vertentes:

A) postos de aprendiz e despregamento de profesionais novos;
Selección, contratación e preparación de Voluntarios de Axuda da UE;
Postos de aprendiz;
Despregamento;
Desenvolvemento de capacidades e actividades de asistencia técnica
Actividades que fomenten a participación de voluntarios en liña e empregados voluntarios en apoio das accións dos Voluntarios de Axuda da UE;
Actividades de comunicación conforme ás directrices e os requisitos mínimos do Plan de comunicación da Iniciativa de voluntariado de axuda da UE.

B) despregamento de profesionais maiores ou despregamento conxunto de profesionais novos e maiores.
Compoñente de desenvolvemento de capacidades ou asistencia técnica. Como mínimo, o 15 % dos gastos admisibles directos deberán ser gastos da actividade en concepto de desenvolvemento de capacidades ou asistencia técnica.

Destinatarios

Calquera entidade legalmente constituida con sede social na Unión Europea (UE).

Financiamento

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é 8.40 millóns de euros.

Data de publicación

30/07/2015

Data límite de solicitude

30/10/2015

Documentación

Comentarios

Consultar ligazóns para máis información.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante