Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Diplomacia cultural en Palestina-Europe-Aid/136-821/L/ACT/PS

Programa

Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos (EIDHR)

Obxectivo xeral

Concienciar sobre o coñecemento dos valores centrais da UE e aumentar a visibilidade da cooperación da UE en Palestina a través da diplomacia cultural.

Obxectivo específico da convocatoria

Asegurar a máxima difusión pública da UE, tanto en Cisxordania coma na Franxa de Gaza, a través da participación en importantes eventos culturais, actuacións e festivais.

Eidos de actuación

Darase prioridade a accións:


  • Que teñan unha alta e diversa difusión (público novo, rural, urbano) a través de diferentes eventos/festivais.

  • Que promovan a colaboración entre eventos/festivais e/ou consorcios de actores culturais.

  • Que inclúan participación ou intercambios culturais con artistas e intérpretes europeos.

Destinatarios

Requisitos dos solicitantes:



  • Ter personalidade xurídica.


  • Ter unha finalidade non lucrativa.


  • Ser directamente responsable da preparación e dirección da acción xunto cos co-solicitantes e entidades afiliadas, non actuando como intermediario.


  • Ser unha Organización da Sociedade Civil, con sede en Palestina, estar rexistrada oficialmente ante as autoridades palestinas competentes, ter sido fundada polo menos dous anos antes da data de publicación desta convocatoria e ter o desexo de cooperar con organizacións europeas ou institucións europeas.



OU



  • Ser unha Organización da Sociedade Civil establecida nun Estado Membro, rexistrada oficialmente e ter sido fundada polo menos hai 4 anos antes da publicación desta convocatoria e actuar necesariamente con co-solicitantes que sexan organizacións da sociedade civil de Palestina.


Os co-solicitantes que participen no deseño e implementación da acción, así como os custos nos que incorran réxense polos mesmos criterios que os solicitantes coordinador. Deben cumprir os mesmos requisitos que o solicitante coordinador.

Financiamento

Calquera solicitude enmarcada neste proxecto debe solicitar un mínimo de 175.000 euros e un máximo de 200.000. Estes fondos deben representar entre o 51 e o 80% dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

400.000 euros

Duración do proxecto

A duración do proxecto non debe ser menor de 18 meses e non exceder os 36.

Data de publicación

26/03/2015

Data límite de solicitude

25/06/2015

Documentación

Contacto

Oficina de Representación de la UE (West Bank, Gaza Strip, UNRWA)


Email: DELEGATION-WEST-BANK-GAZA-CULTURE@eeas.europa.eu


Oficina: Al - Mashtal Hotel, First Floor,
Salah Khalaf Street, P.O. Box 576, Gaza


Dirección provisional: P.O.Box 22207, Jerusalem


Teléfono: (+972 2) 541 58 88


Fax: (+972 2) 541 58 48

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante