Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

”Music  Moves  Europe”. Convocatoria para a cooperación entre pequenas salas de concertos

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

Apoiar e fomentar o papel esencial que as pequenas salas de música en directo xogan na configuración da vitalidade e diversidade do ecosistema musical e a súa importancia tanto para as comunidades locais como para a industria musical no seu conxunto.

Obxectivo específico da convocatoria

  • Cooperación entre pequenos locais para  icrementar a súa capacidade para afrontar os desafíos económicos e sociais.
  • Establecer colaboracións con entidades locais, rexionais ou nacionais relevantes para a creación dun contexto propicio para que as pequenas salas maximicen a súa contribución económico-social ás comunidades locais.

Destinatarios

  • Organizacións públicas ou privadas con personalidade xurídica (organizacións sen ánimo de lucro, empresas, autoridades públicas). Os autónomos non son  elixibles.  
  • Un consorcio de varias organizacións, das cales polo menos dúas proveñan de diferentes países elixibles e que estean á fronte dunha pequena sala de música en directo (aforo de 400 persoas); ou un consorcio configurado por entidades públicas ou privadas –non necesariamente de diferentes países  elixibles-, das cales polo menos unha opere como pequena sala de música en directo cunha capacidade de ata 400 persoas.
As organizacións teñen que estar establecidas nalgún dos Estados membros da Unión Europea, ou países non europeos participantes do programa Europa Creativa.

Financiamento

O importe máximo de  co-financiamento é do 90% .

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 600.000 €. 

Duración do proxecto

18 meses como máximo

Data de publicación

02/08/2019

Data límite de solicitude

15/11/2019

Documentación

Contacto

EAC-MME-Venues@ec.europa.eu 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante