Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Tender pontes entre contidos culturais e audiovisuais a través da tecnoloxía dixital 

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo específico da convocatoria

Favorecer o desenvolvemento estratéxico, a innovación, a creatividade, o desenvolvemento público e novos modelos de negocio mediante o apoio a cooperación estratéxica transnacional.

Eidos de actuación

Apoio para a proba de novos enfoques de negocio intersectoriais à financación, distribución e monetarización da creación.

Destinatarios

Entidades xurídicas con amplios coñecementos en varios sectores culturais e creativos, incluido o audiovisual. Ditas entidades deben estar establecidas nun dos países seguintes:
  • os Estados membros da UE e os países e territorios de ultramar que piodan participar no programa con arreglo o disposto no artigo 58 da Decisión 2001/822/CE do Consello;
  • os países en vías de adhesión, os países candidatos potenciais que se acollan a unha estratexia de preadhesión.
  • os países da AELC que sexan membros do EEE, de conformidade co disposto no Acordo da EEE;
  • a Confederación Suiza, sobre a base do acordo bilateral que se celebrará con este país;
  • os países acollidos a Política Europea de Vecindade

Socios

A proposta debe ser presentada por un consorcio composto polo menos 3 persoas xurídicas procedentes de tres países diferentes que participen no programa Europe Creativa e que presente unha amplia gama de coñecementos en varios sectores culturais e creativos, incluido o audiovisual.

Financiamento

A contribución financieira da UE non poderá ser superior o 60% dos costes subvencionables totales.

A subvención mínima solicitada será de 150.000 EUR por proxecto.

Orzamento total da convocatoria

1,75 millóns de euros. 

Duración do proxecto

A duración do proxecto é de 18 meses.

Data de publicación

30/05/2019

Data límite de solicitude

20/06/2019

Contacto

EACEA-MEDIA-BRIDGING@ec.europa.eu 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante