Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de proposta do subprograma Cultural 2017 – Apoio ao desenvolvemento de contido audiovisual de proxectos individuais

Programa

EUROPA CREATIVA

Obxectivo xeral

O principal obxectivo é incrementar a capacidade dos operadores audiovisuais de realizar obras audiovisuais con potencial de circulación na Unión e fóra dela, así como coproducións europeas e internacionais, mesmo con cadeas de televisión.
O subprograma apoiará: 

  • O desenvolvemento de obras audiovisuais europeas, en particular películas e obras televisivas, tales como obras de ficción, documentais e películas infantís e de animación, así como obras interactivas, como videoxogos e os multimedia, con maior potencial de circulación transfronteiriza. 
  • Actividades encamiñadas a apoiar ás empresas de produción audiovisual europeas, particularmente as produtoras independentes, con vistas a facilitar as coproducións europeas e internacionais de obras europeas, incluídas as obras para a televisión.

Eidos de actuación

Poderán recibir apoio as actividades de desenvolvemento das seguintes obras audiovisuais:

  • Longametraxes cinematográficas, películas de animación e documentais creativos cunha duración mínima de 60 minutos destinados principalmente á súa estrea en cinemas. 
  • Obras de carácter dramático cunha duración total mínima de 90 minutos, películas de animación cunha duración total mínima de 24 minutos e documentos creativos cunha duración mínima de 30 minutos destinados principalmente á televisión. 
  • Proxectos de ficción cunha duración total ou unha experiencia de usuario mínimas de 90 minutos, proxectos de animación cunha duración total ou unha experiencia de usuarios mínimas de 24 minutos e documentos creativos cunha duración total ou unha experiencia de usuarios mínimas de 50 minutos destinados principalmente á súa explotación en plataformas dixitais. Para proxectos que presenten unha experiencia de usuarios nun formato non lineal, estes mínimos non se aplican. 
A plataforma dixital está dirixida aos seguintes tipos de proxectos : animación, documentais creativos e proxectos de ficción destinados a múltiples dispositivos de funcionamento baseado en pantalla, proxectos interactivos, series web lineais e non lineais, e proxectos narrativos de realidade virtual.

Destinatarios

Poderán presentar a súa candidatura:

  • Estados membros da UE e países e territorios de ultramar que poidan participar no programa con arranxo ao disposto no artigo 58 da Decisión 2001/822/CE do Consello; - os países en vías de adhesión, os países candidatos e os países candidatos potenciais que se acollan a unha estratexia de preadhesión, conforme aos principios xerais e ás condicións xerais de participación dos devanditos países en programas da Unión establecidos nos respectivos acordos marco, decisións do Consello de Asociación ou acordos similares.
  • Os países da AELC que sexan parte do EEE de conformidade coas disposicións do Acordo sobre o EEE.
  • A Confederación Suíza, sobre a base do acordo bilateral que se celebrará con este país.
  • Os países acollidos á Política Europea de Veciñanza, con arranxo aos procedementos establecidos con respecto a estes países nos acordos marco que dispoñen a súa participación nos programas da Unión Europea. 

Financiamento

  • 60 000 EUR para as obras de animación. 
  • 25 000 EUR para os documentais creativos. 
  • 50 000 EUR para a obras de ficción se o orzamento de produción estimado é igual ou superior a 1 500 000 EUR. 
  • 30 000 EUR para a obras de ficción se o orzamento de produción estimado é inferior a 1 500 000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento indicativo é de 5 400 000 EUR.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 30 meses.

Data de publicación

20/11/2017

Data límite de solicitude

23/11/2017

Documentación

Contacto

Os solicitantes poden dirixir as sus dubidas:
Email: eacea-helpdesk@ec.europa.eu
Teléfono: +32 2 299 0705

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante